ALCALDÍA
Santiago será interlocutor coa Comisión Europea para asuntos que afecten ás redes de cidades europeas
Os representantes das cidades do Arco Atlántico coñeceron de man de Carlos Carnero, embaixador en misión especial para a Unión Europea, os obxectivos da inminente Presidencia española da Unión Europea.
ALCALDÍA
Alumnos de 6º de Primaria protagonizaron un acto no Concello con motivo do Día Internacional da Infancia
O Salón Nobre do Concello acolleu un acto institucional con motivo da celebración do Día Internacional da Infancia, que nesta edición coincide co 20 Aniversario da aprobación da Convención sobre os Dereitos do Neno e a Nena (CDN). Máis de 20 alumnos e alumnas de 6º de Educación Primaria do CEIP López Ferreiro foron os protagonistas deste evento, no que deron lectura a unha selección de artigos da Convención.
EDUCACIÓN
Dous mil nenos de entre 4 e 7 anos participaron en dous concertos didácticos de Mamá Cabra
A Concellería de Educación sumouse á celebración do Día Internacional da Infancia convidando a 2.000 nenos e nenas de 24 centros de Santiago, con idades entre os 4 e os 7 anos, a participar nun concerto didáctico do grupo Mamá Cabra. Deste xeito dáse resposta á recomendación que a Asemblea Xeral da ONU fixo en 1.954 para que este día se destinase a actividades que promovan o benestar da infancia do mundo.
ALCALDÍA
O Concello de Santiago, cos obxectivos da Campaña do Milenio
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu á coordinadora da Campaña do Milenio de Nacións Unidas en España, Marina Navarro. Segundo esta, o alcalde amosouse "moi receptivo" a contribuír, na medida das súas posibilidades, á consecución dunha sociedade mundial máis xusta e equitativa.
CULTURA
Cineuropa estrea "Rafael", de Xavier Bermúdez, e dedícalle unha sesión especial a Xosé Manuel Bazarra "Sepi"
Cineuropa trae o venres 20 dous acontecementos cinematográficos á pantalla do Teatro Principal. Ás 20:00 horas estrearase en Galicia Rafael, longametraxe dirixida por Xavier Bermúdez e que ata agora non atopou espazo nas carteleiras comerciais, malia a positiva recepción da crítica. Ás dez da noite comezará a terceira sesión especial de Emerxentes, dedicada desta volta a Xosé Manuel Bazarra, "Sepi".
CULTURA
Promoción Económica abre o prazo de inscrición na Edición de Nadal do Concurso de Escaparatismo
A Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo abriu o prazo de inscrición na Edición de Nadal do VI Concurso Municipal de Escaparatismo SCQ Shopping 2009, que finaliza o 4 de decembro. Dirixido a todos os comercios de Santiago de Compostela, ten como obxectivo contribuir á dinamización e mellora dos estabelecementos en activo, incentivando a súa capacidade creativa e a súa imaxe.
ORZAMENTOS
A Comisión extraordinaria de Facenda aprobará un recoñecemento extraxudicial de crédito
A Comisión extraordinaria de Facenda que se celebrara o luns 23 tratará o expediente de recoñecemento extraxudicial de crédito por importe de 1.476.236,45 €. O importe das facturas que van a ser aprobadas correspóndense tanto con gasto corrente como de investimento que abranguen dende subministros para centros socioculturais, material de oficina e informático, estudos e traballos técnicos, subministros de material para parques e xardíns, recollida de lixo, mobiliario etc.
ALCALDÍA
Os dez millóns de euros adicionais do FEIL permitirán financiar 33 novos proxectos
A Xunta de Goberno, en sesión extraordinaria, aprobou o listado dos proxectos que se financiarán a cargo da partida adicional do Fondo Estatal de Investimento Local (FEIL). En total serán 33 novos proxectos, que suporán un investimento de 10.198.740 euros.
CULTURA
Fernando Trueba recibe o Premio Cineuropa á súa traxectoria cinematográfica
Só vista ata a data no Festival de San Sebastián, El baile de la victoria terá a súa estrea galega ás 21:00 horas de hoxe no Teatro Principal. Antes diso, Fernando Trueba recollerá o Premio Cineuropa á súa traxectoria cinematográfica, o segundo da vixente edición despois do entregado a Mabel Rivera.
EMPREGO
Ábrese o prazo de inscrición na segunda quenda do Persoa IV
O concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, presentou a segunda quenda do Proxecto Persoa IV, destinado a 60 persoas desempregadas. Este proxecto experimental de emprego ten como obxectivo promover a integración laboral de 120 desempregadas/os a través da súa participación nun proceso integral de inserción denominado Itinerarios de inserción sociolaboral, que contemplan formación, prácticas en empresas e apoio á colocación en ocupacións consideradas...