ALCALDÍA
Seis oficinas electrónicas facilitarán o acceso en liña dos cidadáns ás xestións municipais
Un convenio de colaboración entre o Concello de Santiago e a Fundación Europea para a Sociedade da Información e a Administración Electrónica vai permitir por en marcha seis oficinas electrónicas. Dende as mesmas, todos os cidadáns poderán acceder, en liña, sen colas e de balde, aos servizos telemáticos prestados polo Concello. As oficinas estarán nos centros socioculturais de Conxo, Ensanche, Fontiñas, Castiñeiriño e nas oficinas municipais de Galeras.
CULTURA
Sergi López presenta "Non solum", un monólogo cómico sobre a identidade
"Este é un espectáculo cheo de preguntas e con moi poucas respostas". Así definiu Sergi López a obra Non solum, un monólogo teatral "máis difícil de explicar que de ver", que pon en escena o 21 e o 22 de abril, ás 21:00 horas no Teatro Principal, dentro da programación do ciclo Teatro e Danza en Xira.
CONSORCIO
O Consorcio recupera nunha publicación un curioso caso de contrabando do século XVII
O Consorcio de Santiago e Nigratrea presentan un novo título da Biblioteca Científica Compostelá, El tabaco y el incienso. Un episodio compostelano del siglo XVII, que rememora un episodio de contrabando de tabaco no século XVII e que tivo por protagonista ao monxe de San Martiño Pinario Frei Gregorio Balboa, quen tamén era prior de Vilanova de Arousa.
XUVENTUDE
Comeza o "MúsicaXove'10" coa primeira final de grupos metal
A terceira edición do Certame MúsicaXove, organizado pola Concellaría de Xuventude, comeza o xoves 22 de abril coa primeira final, na que actuarán os tres grupos na modalidade de metal: Deseqilibrio Mental (Teo), Nightcrawler (Santiago) e Empezar de Zero (Arzúa).
DEPORTES
Uns 50 ciclistas xuvenís participarán no Trofeo Sponsor 25 Aniversario Muebles Compostela
O domingo 25 de abril, a partir das 9:30 horas, celebrarase nun circuíto na Alameda o Trofeo Sponsor 25 Aniversario Muebles Compostela. Uns 50 ciclistas participarán nesta proba, a segunda da temporada na categoría xuvenil.
ALCALDÍA
O alcalde presentoulle ás avoas de Pontepedriña a reforma do seu local
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, mantivo unha xuntanza coa directiva da Asociación de Veciños Sandra Prego e coas integrantes da Asociación de Avoas de Pontepedriña.
ALCALDÍA
Máis de 600 escolares e veciños visitaron o Concello na Xornada de Portas Abertas
O pazo de Raxoi, sede da Administración Local, celebrou a xa tradicional Xornada de Portas Abertas. Neste día, no que se conmemoraba xa o XXXI aniversario das Corporacións Democráticas, todos os composteláns e tamén os visitantes que quixeran coñecer por dentro o Concello podían achegarse ás dependencias municipais sitas na praza do Obradoiro.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
A Xornada "Emprende en Compostela" chega á súa quinta edición o 18 de maio
O concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, presentou a V Xornada Emprende en Compostela, que se celebrará o 18 de maio no Pazo de Exposicións e Congresos de Galicia. O obxectivo da xornada, enmarcada no programa Compostela Activa 2010, que depende do Servizo de Apoio á Empresa, é fomentar a cultura emprendedora mediante un encontro no que participan distintas organizacións vinculadas ao emprendemento e ao desenvolvemento do emprego en Santiago.
XUNTA DE GOBERNO
Adxudicado o contrato de colocación de postos na Alameda durante as festas da Ascensión e do Apóstolo
Entre os asuntos aprobados na Xunta de Goberno ordinaria do 20 de abril figura a adxudicación provisional da colocación de postos na Alameda durante as festas da Ascensión e do Apóstolo, e a adxudicación do mantemento e conservación dos campos de fútbol de San Lázaro.
ALCALDÍA
Perfílanse os últimos detalles do Foro Mundial de Educación
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu en Raxoi a Federico Mayor Zaragoza, presidente da Fundación Cultura de Paz e do comité organizador do Foro Mundial de Educación, en decembro de 2010. No encontro tamén participou Manuel Dios, presidente do Seminario Galego de Educación para a Paz, a outra entidade promotora do evento.