CONSORCIO

O Consorcio de Santiago saca a concurso as obras de conservación da igrexa de San Pedro de Busto

25/04/2017

No marco das actuacións que o Consorcio de Santiago leva a cabo no patrimonio do termo municipal, e moi estreitamente relacionado coa cidade histórica e os Camiños de Santiago, vaise intervir na igrexa de San Pedro de Busto, do século XII, situada na parroquia de Busto. O organismo interadministrativo acaba de sacar a obra a concurso, por un orzamento global de 35.385,46 euros. As empresas interesadas deberán presentar as súas propostas ata o vindeiro 22 de maio.

Leer más

CONSORCIO

A Casa do Cabido chega ao seu visitante número 100.000, cando se cumpren cinco anos da súa apertura como museo

25/04/2017

O Consorcio de Santiago rehabilitou por completo en 2011 o edificio barroco coñecido como Casa do Cabido, situado na praza das Praterías, unha das principais expresións da arte barroca na cidade, trazado por Clemente Fernández Sarela no século XVIII. O 10 de xaneiro de 2012 abría as súas portas como sede de exposicións temporais promovidas dende o organismo interadministrativo. Esta semana acadouse o visitante número 100.000, logo de cinco anos da apertura do inmoble con uso cultural, cunha media de 20.000 visitantes ao ano.

Leer más

DEPORTE

Máis de 800 estudantes celebrarán o Día da Educación Física na Rúa

24/04/2017

A concelleira de Deporte, Noa Morales, deu a coñecer esta mañá os actos para celebrar o Día da Educación Física na Rúa, que terán lugar este martes 25 de abril na praza da Quintana. Na rolda estivo o director do IES Rosalía de Castro, Ubaldo Rueda; o profesor de Educación Física do centro, Pablo Alén; e un dos alumnos organizadores, Raúl Lorenzo.

Leer más

TURISMO

A Semana Santa anticipa unha boa temporada turística en Compostela

24/04/2017

A concelleira de Turismo, Marta Lois, e a presidenta da Asociación Hostalería Compostela, Sara Santos, valoraron os resultados da segunda edición de Santiago Paixón Doce, programa gastronómico que naceu o ano pasado coa idea de promocionar como atractivo turístico a tradición larpeira da cidade durante a pasada Semana Santa. Tanto o Concello como a Asociación fixeron unha valoración positiva dos resultados desta segunda edición.

Leer más

PATRIMONIO

O IV Ciclo de Música de Cámara nas Cidades Patrimonio chega este sábado a Santiago

24/04/2017

O Paraninfo da Universidade, na Facultade de Historia, acollerá este sábado 29 de abril, ás 20:30 horas, un concerto do IV Ciclo Música de Cámara nas Cidades Patrimonio, unha iniciativa froito do convenio de colaboración entre a Fundación Albéniz / Escola Superior de Música Raíña Sofía e o Grupo Cidades Patrimonio da Humanidade de España, que permite ofrecer de forma gratuíta ao público unha selección da mellor música de cámara en espazos históricos,...

Leer más

CONSORCIO

O recoñecido oboísta alemán Stefan Schilli formará a músicos galegos

24/04/2017

A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM) dispón dun programa de formación permanente dirixido a intérpretes noveis. No marco deste proxecto, ofrécese a posibilidade de asistir ao longo do ano a unha serie de clases maxistrais que imparten solistas de prestixio internacional. A vindeira semana contarase coa presenza do aclamado oboísta alemán Stefan Schilli. Xunto ao alumnado da Escola, tamén poden asistir intérpretes externos ao centro.

Leer más

XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno aproba a expropiación definitiva da vivenda vinculada ao CEIP Lamas de Abade

21/04/2017

A Xunta de Goberno aprobou este venres, de maneira definitiva, a expropiación do dereito de ocupación da vivenda localizada no recinto do CEIP Lamas de Abade. Foi despois de rexeitar as alegacións presentadas pola persoa que tiña o dereito de uso da edificación, malia a non ter ningunha relación co centro educativo. Agora, a persoa afectada terá 20 días de prazo para presentar alegacións no que ten que ver coa indemnización que recibirá, e despois a vivenda será posta a disposición da Consellería...

Leer más
Compartir: