CONVIVENCIA

A Policía Local realizará controis en furgonetas do 26 ao 29 de novembro

22/11/2018

A Policía Local sumarase a vindeira semana a unha nova campaña de vixilancia e control da Dirección Xeral de Tráfico (DXT). Desta vez, entre o 26 e o 29 de novembro, os/as axentes realizarán inspeccións das furgonetas, un tipo de vehículo que se conduce co mesmo permiso de condución que un turismo, pero con características diferentes.

Leer más

ALCALDÍA

Nace o proxecto "Unha Gran Burla Negra" para analizar a revolución cultural posterior á catástrofe do Prestige

22/11/2018

O 25 de novembro de 2002, aos poucos días do afundimento do Prestige, nacía no Auditorio de Galicia a Plataforma contra a Burla Negra. Dezaseis anos despois, o próximo venres, ese mesmo espazo acollerá a inauguración dun proxecto que quere reflexionar sobre o que supuxo ese movemento e elaborar o seu arquivo cultural. Unha Gran Burla Negra. Creatividade popular e memoria do Prestige (2002-2019) bota a andar grazas ao apoio de diferentes institucións, entre elas o Concello de Santiago e a Deputación da Coruña.

Leer más

CONSORCIO

A Casa do Cabido acolle unha mostra que reúne unha selección de debuxos das tres edicións de "Compostela Ilustrada"

22/11/2018

A Casa do Cabido acolle a exposición patrocinada polo Consorcio de Santiago Tres anos de Compostela Ilustrada. Encontro Internacional de Cadernos de Viaxe, unha iniciativa que arrancaba no ano 2016 baixo a dirección do ilustrador Miguelanxo Prado. Esta mañá inaugurábaa o alcalde de Santiago e presidente do Consorcio da cidade, Martiño Noriega. Ao acto asistiron a xerente do Consorcio de Santiago, Belén Hernández; o responsable de Exposicións do organismo interadministrativo, Juan Conde; a comisaria da exposición,...

Leer más

ACCIÓN CULTURAL

Última fin de semana de Cineuropa: debates, encontros, moito cine e o tradicional maratón

22/11/2018

A programación deste venres no festival Cineuropa comezará cun necesario debate sobre a situación das mulleres tralladoras do sector audiovisual. O evento, que terá lugar ás 12:00 h no Museo das Peregrinacións, terá como título: "Mulleres creadoras: a situación no audiovisual galego e as experiencias noutros escenarios" e nace coa intención de analizar a evolución do sector cinematográfico a diferentes niveis e dende as máis amplas perspectivas profesionais, para concluír...

Leer más

POLÍTICAS SOCIAIS

Santiago reunirá persoas expertas de todo o Estado para abordar a situación das persoas sen fogar

21/11/2018

A concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, presentou esta mañá en rolda de prensa a xornada Abordaxe do senfogarismo en Compostela: Estado da situación e plans de acción, que se celebrará o vindeiro xoves 29 de novembro, no Salón de Actos da Facultade de Filosofía de Santiago de Compostela (praza de Mazarelos s/n). Na rolda estivo acompañada pola psiquiatra Lucía del Río.

Leer más

ACCIÓN CULTURAL

Máis dunha vintena de compañías beneficiáronse das tres convocatorias de residencias artísticas na Sala Agustín Magán

21/11/2018

Un total de 24 compañías beneficiáronse das tres convocatorias de residencias artísticas postas en marcha pola concellería de Acción Cultural dende xaneiro de 2017. No espazo do Centro Cívico de Santa Marta preparáronse 31 espectáculos de artes escénicas grazas a estas convocatorias, as únicas destas características que existen en toda Galicia.

Leer más

CONSORCIO

A RFG e o Consello da Cultura Galega presentan un disco con obras inéditas do compositor José Arriola

21/11/2018

A Real Filharmonía de Galicia e o Consello da Cultura Galega presentaron esta mañá o disco José Arriola. Orchestral Music, con obras inéditas do compositor galego. É o resultado dun proxecto de colaboración entre o Consorcio de Santiago e o Consello da Cultura Galega que arrincou en 2010 coa edición das obras completas e a gravación no Auditorio de Galicia dun dobre CD, que sae agora á luz da man do selo discográfico Brilliant Classics, unha das mellores editoras de música clásica do...

Leer más

ACCIÓN CULTURAL

Novas estreas, encontros con cineastas e a película sorpresa, na xornada deste xoves en Cineuropa

21/11/2018

Entre a programación deste xoves en Cineuropa volvemos salientar varias estreas. Ás 18:15 h exhibirase What keeps you alive, un trepidante filme de supervivencia cuxa acción sitúa o seu director, Colin Minihan, nun nada bucólico bosque. De seguido na mesma sala, ás 20:15 h, teremos a oportunidade de asistir ao primeiro pase de Support the girls, de Andrew Bujalski, unha das películas norteamericanas máis celebradas do curso independente sobre un bar con mozas que visten de forma provocadora pero que traballan...

Leer más
Compartir: