CONSORCIO

Permanece aberta a inscrición no Curso de Posgrao de Especialización Orquestral, que permite ao alumnado formarse coa RFG

25/03/2019

Está aberto o prazo de inscrición para o Curso Avanzado de Especialización Orquestral (CAEO) 2019-2020. Impártese na Escola de Altos Estudos Musicais, en Santiago, e está recoñecido como título propio de posgrao pola Universidade de Santiago. Diríxese a músicos/as instrumentistas con titulación superior que teñan como meta adquirir a formación e a experiencia necesarias para integrarse nunha orquestra profesional.

Leer más

ALCALDÍA

O Grupo de Cidades Patrimonio acorda en Santiago conceder o seu Premio Patrimonio 2019 á Rede de Paradores

23/03/2019

O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade concederá á Rede de Paradores de Turismo o seu Premio Patrimonio 2019. Así se acordou na Asemblea Xeral do Grupo, celebrada hoxe en Santiago. Este premio élle concedido cada ano a persoas ou institucións que destacaron na posta en valor ou conservación do patrimonio cultural, e o ano pasado recaeu na raíña dona Sofía.

Leer más

COMERCIO

A Mesa Local de Comercio elixe os oito establecementos emblemáticos do 2018

22/03/2019

A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, deu conta hoxe dos oito comercios emblemáticos do 2018, elixidos pola Mesa Local de Comercio dentro da acción Comercios emblemáticos, de onte, de hoxe e de sempre. Acompañouna na rolda de prensa a técnica municipal de Comercio, Lucía Castro.

Leer más

EMPREGO E MEDIO RURAL

O obradoiro CREAS remata a plantación de máis de 4.000 árbores autóctonas en Fecha e Monte Viso

21/03/2019

O obradoiro de emprego dual CREAS, promovido polo Concello de Santiago en colaboración co de Ames, concluíu a plantación de 4.200 árbores de especies autóctonas na finca de Pedra Castro, na parroquia de Santa Cristina de Fecha. Tamén se comezou a reforestación nunha parcela municipal no Monte Viso. Repoboouse con 700 pés de bidueiro (Bétula celtibérica), 2.100 de carballo (Quercus robur) e 1.400 de corticeira (Quercus suber). A concelleira de Desenvolvemento Económico, Marta Lois,...

Leer más
Compartir: