TRANSPORTES
O "Moucho Bus" funcionará na noite do Apóstolo
Con motivo da festividade do Apóstolo, o servizo "Moucho Bus" funcionará a noite do xoves 24 de xullo en tres liñas do transporte urbano.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
O Observatorio Estatístico actualizará permanentemente os datos da realidade de Compostela
O concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, presentou o Estatístico 2008 e o microsite Observatorio Estatístico, ao que se accede a través da páxina web da Concellaría www.maiscompostela.org.
FESTAS
Medra a presenza dos máis novos na homenaxe ao traxe galego
O traxe tradicional galego non faltou á súa cita coas Festas do Apóstolo, e tampouco todos aqueles cidadáns, moitos deles moi novos, que lle renderon homenaxe vestíndoo polas rúas de Santiago. O Día do Traxe Galego cumpriu así a súa trixésima edición.
ALCALDÍA
Santiago e Assisi ratifican o seu irmandamento
Despois de que en maio se firmase o irmandamento na cidade italiana de Assisi, o xoves 24, ás 12 do mediodía, terá lugar a ratificación do acordo no Salón Nobre do Pazo de Raxoi. A cerimonia da sinatura estará presidida polo alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo e polo seu homólogo, o alcalde de Assisi, Claudio Ricci. Tamén estarán presentes as corporacións municipais de ámbalas dúas cidades e representantes da cultura, do turismo e do tecido empresarial de Santiago.
FESTAS
La Mala Rodríguez presenta o seu último traballo tras o espectáculo dos fogos
A antesala do Día Grande de Galicia ven repleta de actividades organizadas para todos os públicos. A primeira cita do xoves 24 será ás doce da mañá coa animación polas rúas de gaiteiros e o encontro de xigantes e cabezudos na Quintana. Ademais, como novidade, haberá unha sesión de pirotecnia entre os edificios do Cabido e o Concello.
CIDADE HISTÓRICA
Once empresas optan a pór en marcha a rede WiMAX para a Cidade Histórica
Constituíuse a mesa de contratación de subministro e posta en marcha da rede WiMAX na zona vella, presidida pola concelleira de Rehabilitación e Cidade Histórica, Olga Pedreira. Nesta sesión abríronse as plicas do concurso público e verificouse que todas as empresas que se presentaron tiñan entregado toda a documentación correctamente.
EDUCACIÓN
Un verán diferente e acolledor para dez nenos saharauís
Un ano máis, a Concellería de Educación está levar a cabo o programa Vacacións en Paz, grazas a o cal nenos saharauís son acollidos en Compostela ata principios de setembro. O alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu aos dez rapaces deste ano e ás súas familias de acollida.
DEPORTES
Deportes repartirá máis de 300.000 euros entre os clubs e escolas deportivas da cidade
A Concellería de Deportes repartirá 323.000 euros entre os clubs e escolas deportivas da cidade. Así se determina nas bases das respectivas convocatorias para acceder a estas subvencións.
EMPREGO
"Compostela Natural": emprego e formación para acometer catro proxectos da cidade
Bota a andar a segunda edición do proxecto de Obradoiro de Emprego Compostela Natural. Así o decidiu a Xunta de Goberno, que tamén acordou solicitar á Consellaría de Traballo unha subvención para o seu desenvolvemento. A iniciativa permitirá formar laboralmente a 64 desempregados ao tempo que realizan catro proxectos de interese para a cidade.
REHABILITACIÓN
Adxudicada a rehabilitación do barrio Fonte do Ouro
A Xunta de Goberno municipal adxudicou provisionalmente as obras de rehabilitación do barrio Fonte do Ouro, por importe de 175.101 euros e un prazo de execución de tres meses.