EMPREGO
Os participantes no Programa Persoa IV rematan a fase de prácticas
Os participantes no Proxecto Persoa IV, que desenvolve a Concellaría de Promoción Económica e Emprego, remataron o período de prácticas e entran na última fase do programa, a de apoio á colocación. 50 persoas (o 83,33% dos participantes) realizaron prácticas en 33 entidades ou empresas.
CULTURA
Póñense á venda os abonos para a décima edición do Ciclo de Lied de Santiago
O xoves 20 de agosto póñense á venda no servicio telefónico de taquilla de Caixa Galicia (teléfono 902 434 443) os abonos para a décima edición do Ciclo de Lied de Santiago de Compostela, que se celebrará durante os meses de setembro e outubro. O abono para os catro concertos ten un prezo de 15 euros. As entradas soltas para cada un dos concertos poden adquirirse a partir do 8 de setembro (6 euros). Tanto as entradas como os abonos tamén se poderán adquirir na billeteira do Teatro Principal a partir do 7 de setembro.
CULTURA
O Coro de San Petersburgo leva á igrexa de Bonaval os cantos sacros e cancións do pobo da antiga Rusia
Despois da singular proposta da Orquestra Sinfónica de San Petersburgo na praza da Quintana, o mércores 19, ás 21:00 horas, será o Coro da Capella de San Petersburgo -un dos máis recoñecidos e lonxevos do mundo- o que encha, da man de Vladislav Tchernouchenko, a igrexa de Bonaval de cantos sacros e cancións do pobo da antiga Rusia.
NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
Vinte e tres rapaces parten cara a Fervenza do Toxa para participar en "AnimaLingua"
Os 23 participantes no programa AnimaLingua partiron dende a dársena de autobuses de Xoán XXIII cara a granxa-escola da Fervenza do Toxa, en Silleda. Os nenos e nenas foron despedidos polos seus pais e tamén pola concelleira de Normalización Lingüística, Guadalupe Rodríguez. Os rapaces, de entre 8 e 11 anos, estarán en Silleda ata o 26 de agosto.
CULTURA
A Quintana acolle unha proposta limpa de artificio da Orquestra Sinfónica de San Petersburgo
O Festival dos Abrazos comeza unha nova semana ofrecendo á cidadanía de Compostela e aos turistas unha oportunidade excepcional para revisitar o patrimonio da cidade a través de propostas musicais internacionais de primeira orde. Despois de que o parque de Bonaval acolla o abrazo entre o jazz neoiorquino máis mítico e os novos vieiros do jazz feito en Galicia, da man do Bill Goodwin Quartet, a praza da Quintana acollerá o martes 18 a singular proposta –limpa de todo artificio- da Orquestra Sinfónica de San Petersburgo.
ALCALDÍA
Compostela renovou o seu voto a San Roque
A alcaldesa en funcións, Mar Martín, e varios membros da Corporación municipal participaron no tradicional acto de voto da cidade de Santiago a San Roque. Esta vez o acto celebrouse na igrexa de San Miguel dos Agros, polas tarefas de restauración que se están a realizar no retablo da capela de San Roque.
CULTURA
O Festival dos Abrazos superou nas dúas primeiras semanas as expectativas de público para todo o mes
Agosto consolídase en Compostela como o mes de abrazar a cultura. A segunda edición do Festival dos Abrazos que organiza a Concellaría de Cultura e Centros Socioculturais chegou ao seu ecuador cun éxito rotundo de público, que mesmo desbordou expectativas.
CULTURA
Curtocircuíto na Rúa proxectará as mellores curtas ao aire libre
Presentouse unha nova edición de Curtocircuíto na Rúa, que desta volta chega da man da Concellaría de Cultura e Centros Socioculturais, que será o departamento no que se desenvolverá a partires de agora o Festival de Curtametraxes Curtocircuíto.
CULTURA
Os comerciantes composteláns sacan as cores ás rúas da Cidade Histórica
A concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, e a concelleira de Cidade Histórica, Olga Pedreira, conversaron cos artesáns e comerciantes que participan no Mercado das Cores, incluído dentro do Festival dos Abrazos.
XUNTA DE GOBERNO
O Goberno Local adxudica o proxecto de optimización da circulación viaria no polígono do Tambre
Na Xunta de Goberno extraordinaria e urxente adxudicouse provisionalmente o proxecto de optimización da circulación viaria, aparcadoiros e sinalización do polígono Industrial do Tambre. Nesta intervención investiranse 102.900 euros máis IVE. Entre outros asuntos, tamén se adxudicou a renovación da cuberta da Sala Ángel Brage do Auditorio de Galicia.