EDUCACIÓN E SEGURIDADE
A campaña "Race for Safety Road" comeza en Santiago a súa andadura nacional promovendo a educación viaria nos condutores do futuro
A concelleira de Educación, María Castelao, o concelleiro de Seguridade e Mobilidade, Luís García Bello, o director de Seguridad Vial do Real Automóvil Club de España-Race, Tomás Santa Cecilia e o coordinador nacional de Educación Vial, Juan Antonio Sánchez Trillo, presentaron no paseo central da Alameda este programa que tratará de ensinarlles aos rapaces como identificar os riscos e os perigos presentes na vía.
CULTURA
O luns 3 de xuño preséntanse no CGAC as Xornadas de Música Contemporánea 2013
No ano 2012 renacen en Santiago de Compostela as Xornadas de Música Contemporánea co obxectivo de fomentar e difundir as últimas tendencias e a innovación da música contemporánea.
EDUCACIÓN
A concelleira de Educación escoitou as demandas do colexio López Navalón
A edila de Educación, María Castelao, visitou o Colexio de Educación Especial Manuel López Navalón para escoitar de primeira man as súas necesidades e demandas e ver in situ o traballo dos seus profesionais. Acompañouna o delegado territorial da Consellería, Indalecio Cabana.
CULTURA
O Teatro Principal acolle dúas obras de Sarabela Teatro dentro do ciclo Teatro&Danza
Esta semana poderase desfrutar de "Viaxe a ningunha parte", unha adaptación dunha obra de Fernando Fernán Gómez o mércores 29 e xoves 30 maio e o domingo 2 de xuño de ‘El Amor de Eloy’ con dramaturxia de Ernesto Caballero
O xoves 13 de xuño o Principal acolle "Rosalía os Cantares das musas" a prosa e a poesía de Rosalía de Castro levada ao teatro
MEDIO AMBIENTE
O parque do Agro de Ramírez reabre con máis de 700 metros cadrados e xogos para todas as idades
O alcalde compostelán, Ángel Currás, xunto coa concelleira de Obras e Medio Ambiente, María Pardo, inaugurou o novo parque do Agro de Ramírez tralas obras de remodelación que se acometeron para melloralo.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Ábrese o prazo de inscrición para a viaxe á Extremadura portuguesa
A concellería de Centros socioculturales abre, a partir do martes 28 de maio ás 17 horas, o prazo para participar na próxima viaxe organizada no marco do programa Imos de excursión 2013.
DEPORTE E NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
"Espello deportivo" achega as experiencias vitais de deportistas olímpicos galegos aos mozos e mozas de Santiago
A concelleira de Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez, xunto co secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García e Rubén Riós, responsable da empresa Claqueta Coqueta que leva a cabo a actividade, presentaron este programa que trata, en palabras da concelleira, de "promover os valores asociados ao deporte"
BENESTAR SOCIAL
O Concello de Santiago uniuse aos actos do Día Nacional do Celíaco con mesas informativas na praza do Toural
A concelleira de Benestar Social, María Castelao asistiu na praza do Toural aos actos que se celebraron con motivo do Día Internacional do Celíaco.
CULTURA
Chega a Santiago a exposición de arte étnico Orinoco con 1500 pezas representativas das 12 etnias que habitan no Amazonas venezolano
A Colección Orinoco, que está considerada a mostra de arte étnica máis importante de Latinoamérica, viaxou durante 13 anos polas institucións culturais más importantes e recibiu máis de sete millóns de visitas. O alcalde e a corporación recibiron no Pazo de Raxoi á familia Cisneros, dona da colección.
TURISMO
Dezanove concellos crean Área Santiago para potenciar o turismo
Os alcades de A Estrada, Ames, Arzúa, Boqueixón, Brión, Lalín, Melide, O Pino, Oroso, Padrón, Rois, Santiago, Silleda, Teo, Touro, Trazo, Val do Dubra, Vedra e Vila de Cruces asinaron no Pazo de Raxoi o protocolo de colaboración co que nace formalmente Área Santiago, un grupo de traballo para potenciar conxuntamente o sector turístico na zona. Os concellos suman unha poboación de 270.000 persoas, practicamente o 10% da poboación de Galicia. Os Concellos de Área Santiago suman 270.000 persoas, prácticamente o...