BENESTAR SOCIAL
Un total de 23 colexios participan na segunda edición de Encontros de Centros para unha convivencia positiva
A concelleira de Benestar Social, María Castelao, inaugurou na Biblioteca da Cidade da Cultura o II Encontro de Centros para unha convivencia positiva, que organizan o IES Antonio Fraguas de Santiago, o IES Xulián Magariños de Negreira e o IES Fin do Camiño de Fisterra. O venres 25 terá lugar a segunda xornada que porá o punto final a dúas intensas xornadas.
COMERCIO
Os pequenos comercios de Santiago poderán presentar as súas coleccións no Pazo de San Lorenzo
O venres día 25 remata o prazo de inscripción no programa "Estrea Estilo!" para a dinamización do tecido comercial da cidade.
EDUCACIÓN
Comeza o XIX Certame de Teatro Intercentros de Compostela e Comarca
A Facultade de Educación acolleu esta mañá a primeira representación dunha cita xa clásica no calendario educativo que organiza a Concellería de Educación, na que estivo presente a súa concelleira, María Castelao.
PLENO
O Pleno aproba por unanimidade a concesión de medallas aos policías locais que traballaron no accidente de tren de Angrois
O Pleno da Corporación aprobou, na súa sesión ordinaria do mes de abril, a concesión de distincións a oitenta axentes que traballaron no accidente de tren de Angrois o pasado 24 de xullo. Así mesmo, e tamén co acordo de todos os grupos, deu luz verde a unha declaración institucional en defensa do partido xudicial de Santiago. En total, nesta sesión aprobáronse sete acordos por unanimidade.
FESTAS
Os Resentidos e Antonio Orozco completan os concertos da Ascensión
Tras Andrés Calamaro e Os Suaves, o venres 30 estarán Os Resentidos (concerto suspendido no Apóstolo do ano pasado) e Antonio Orozco o sábado 31. Ademáis, o concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya, presentou para o 25 de xullo, na Praza da Quintana o concerto de Los Planetas, unha única ocasión de poder velos en Galicia, e a día de hoxe tamén única data pechada en España.
NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
Entregados os premios do concurso do programa "Vive a Paixón con compaixón"
A concelleira de Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez, entregou o premio a Jacobo Otero, gañador do premio de curtas coa obra titulada "Vive a Paixón". María del Carmen Enjamio recibiu o galardón de mans do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, na categoría de fotografía con "A hora".
NORMAILIZACÓN LINGÜÍSTICA
Ponse en marcha a II edición do Concurso de Proxectos de Publicidade Comercial en Galego
Dende a Concellería de Normalización Lingüística animan a todos os establecementos empresariais radicados en Compostela (de calquera ámbito, localización ou tamaño) e os profesionais da comunicación e da publicidade a participar.
SEGURIDADE CIDADÁ
A Xunta local de Seguridade constata un aumento de furtos en locais de ocio polo que recomenda estremar a vixilancia dos obxectos persoais
O alcalde compostelán, Ángel Currás, presidiu a xuntanza da Xunta local de Seguridade xunto co subdelegado do Goberno na Coruña, Jorge Atán. Na xuntanza tratáronse temas relativos á seguridade cidadá, á vial e ao ámbito específico do rural.
EMPREGO
Este xoves arranca o Foro de Intermediación e Emprego de Santiago
Durante dous días, xoves 24 e venres 25 de abril, o Pazo de Cogresos acollerá numerosas actividades relacionadas coa busca de emprego. O FIE é unha iniciativa da Axencia Local de Colocación de Santiago.
EDUCACIÓN
A XIV Campaña de Animación á Lectura achegará novas aventuras a máis de 4.500 escolares de Santiago
A Galería Sargadelos acolleu un ano máis a inauguración da XIV Campaña Municipal de Animación á Lectura organizada polo Departamento de Educación do Concello de Santiago de Compostela e Kalandraka Editora, en colaboración coa Galería. Nesta nova campapña, está prevista a participación de 4.500 escolares das escolas infantís de Santiago, dos centros de educación infantil e primaria composteláns e da comarca. Ao acto asistiu a concelleira de Educación, María Castelao.