PLENO
O Polígono Industrial do Tambre adáptase ás novas esixencias urbanísticas coa modificación do seu Plan Parcial
Tras a resolución das alegacións, aprobouse definitivamente en Pleno e por unanimidade a modificación da normativa do Plan Parcial do Polígono do Tambre. Este cambio, segundo explicou a concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón, obedece á necesaria adaptación da normativa urbanística ás novas esixencias das actividades económicas e produtivas.
PARTICIPACIÓN CIDADÁ
Participación Cidadá incorpora novas propostas para o inverno
A concelleira de Participación Cidadá, Guadalupe Rodríguez, presentou o programa da Concellaría para o período comprendido entre decembro e maio de 2011. O calendario inclúe eventos para todos os públicos, polo que a edil convidou a todos os composteláns a acudir á Casa das Asociacións.
ALCALDÍA
O Concello achega máis de 9.000 euros para financiar o Bacharelato Internacional do instituto Rosalía de Castro
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o director do IES Rosalía de Castro, Ubaldo Rueda, asinaron un convenio de colaboración en virtude do cal a entidade municipal achega 9.129 euros para o financiamento do Bacharelato Internacional.
ALCALDÍA
Encontro do alcalde coa presidenta da Federación de Empresarias de Galicia
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu a presidenta da Federación de Empresarias de Galicia (FEGA), María Irene Bonet González, quen lle comentou os obxectivos da nova directiva que ela lidera.
CULTURA
Chega a película sorpresa de Cineuropa
Cineuropa cumpre cunha das súas citas de máis esperadas: a proxección da película sorpresa do festival. Como en cada edición, haberá un único pase desta cinta que os afeccionados poderán ver este xoves, 25 de novembro, ás 22:00 horas, no Teatro Principal.
ALCALDÍA
O alcalde pedirá en Bruxelas a duplicación dos Feder para atender as necesidades dos territorios de fronteira da UE
A Comisión Executiva da Rede de Cidades Europeas Transfronteirizas e Interrexionais (CECICN, nas súas siglas en inglés), co seu presidente á cabeza, o alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Antonio Sánchez Bugallo, reuniranse o 1 de decembro en Bruxelas co comisario de Política Rexional, Johannes Hahn. A axenda da visita á capital europea compleméntase cunha reunión coa presidenta do Comité das Rexións.
EDUCACIÓN
Convocado o IV Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados
A Concellería de Educación e Kalandraka convocan o IV Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados, cunha dotación económica única de 12.000 euros en concepto de adianto polos dereitos de autor. O prazo de presentación dos traballos rematará o 28 de febreiro de 2011 e o fallo do xurado coñecerase o 1 de abril, no marco das actividades da XI Campaña de Animación á Lectura.
COMERCIO
"Regalar custa pouco" promocionará o comercio compostelá con dez mil catálogos con propostas de agasallos para o Nadal
O concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, presentou o III Concurso catálogo de promoción comercial de Compostela Regalar custa pouco, aprobado en Xunta de Goberno. Este programa ten como obxectivo potenciar as compras nos establecementos comerciais da cidade durante o Nadal. As/os comerciantes que presenten as mellores propostas poderán ver os seus produtos recollidos nun catálogo, xunto á identificación do comercio, que se distribuirá entre a cidadanía de...
URBANISMO
Os polígonos de Costa Vella e Formarís achegarán case 450.000 metros cadrados de novo solo industrial e terciario
A concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón, explicou en rolda de prensa os detalles dos proxectos de urbanización dos polígonos SUNP-37.3 (Costa Vella) e SUNP-38 (Formarís), aprobados en Xunta de Goberno. Nesta mesma sesión tamén se deu o visto bo ao enlace destes polígonos –e tamén do da Sionlla- coa estrada N-550.
XUNTA DE GOBERNO
Rúas para Isidoro Millán, Dolores Rodeiro, Antonio Machado e Alfonso X O Sabio
A Xunta de Goberno aprobou a asignación de nomes a catro rúas da UX-16 de Santas Mariñas. Levarán os nomes de Isidoro Millán González-Pardo, Antonio Machado Álvarez (Demófilo), Dolores Rodeiro Boado e Alfonso X O Sabio.