ALCALDÍA
Reunión coa Cámara de Comercio de Santiago
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e a concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, reuníronse en Raxoi co presidente da Cámara de Comercio, Jesús Asorey, e co seu secretario xeral, Fernando Barros.
DEPORTE
O martes 8 de setembro remata o prazo de solicitude de subvencións ao fomento do deporte federado 2015
O pasado 19 de agosto publicáronse no BOP as bases da convocatoria de subvencións destinadas ao fomento do deporte federado do ano 2015. O prazo de 20 días naturais para solicitar a subvención remata o vindeiro martes 8 de setembro.
FACENDA
O vindeiro luns, 7 de setembro, último día para o pago voluntario do IBI
A Concellería de Economía e Facenda lembra que o vindeiro luns, 7 de setembro, é o último para efectuar o pago voluntario do Imposto sobre Bens Inmobles (IBI), que afecta a inmobles de natureza urbana, rústica e de características especiais.
ACCIÓN CULTURAL
Novas citas co programa "Imos ao baile" nesta primeira semana de setembro
Comeza o mes de setembro con novas citas do programa Imos ao baile, promovido polos departamentos de Centros Socioculturaisl e de Relacións Veciñais. Desta vez os bailes son en Cornes e en Casas Novas.
ACCIÓN CULTURAL
Máis de 40 propostas de 15 países diferentes na programación do festival Wosinc
A concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, e o director do Wosinc, Iván Arias, presentaron en Raxoi a programación completa do festival que arrinca esta mesma noite coa estrea de Los Hongos, película do colombiano Óscar Ruiz Navia, que se proxecta por primeira vez en España grazas ao cine e distribuidor Numax, ás 20:15 horas. Comeza así unha intensa axenda de actividades relacionadas coa música, as artes escénicas, o audiovisual, o debate e a gastronomía dentro do festival Wosinc,.../em>
FACENDA
O incumprimento do teito de gasto no exercicio 2014 obrigará ao Concello a aprobar un novo plan económico e financeiro
A concelleira de Economía e Facenda, deu conta dalgúns dos asuntos tratados na Comisión de Facenda constituída nesta mesma xornada. Entre estas cuestións figurou a Conta Xeral 2014, que segundo indicou a edil, reflicte un incumprimento do teito de gasto fixado polo Ministerio de Facenda e Administracións Públicas para as entidades locais, superándoo máis de dous millóns de euros. Tamén explicou o informe da Intervención sobre as contas municipais a 13 de xuño, que apunta un exceso de gasto de case 10...
DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO
O Concello destina 100.000 euros a unha liña de axudas para novos proxectos empresariais
O obxectivo da Concellería de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo é dinamizar o tecido empresarial de Santiago. Para isto, o Departamento de Promoción Económica municipal está deseñando Compostela Móvese, un novo programa que coordinará todas as actividades vinculadas co fomento da actividade empresarial na cidade.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Iniciada a edición de setembro do Programa de Conciliación do Verán
Este martes, 1 de setembro, iniciouse a edición de setembro do Programa Municipal de Conciliación para as Familias do Verán 2015, que se desenvolverá do 1 ao 9 de setembro nas instalacións dos CEIP As Fontiñas e Raíña Fabiola. O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, compartiu cos nenos e nenas asistentes e co equipo de monitores uns minutos para coñecer a oferta de actividades para estas xornadas.
ESPAZOS CIDADÁNS
As obras en Vista Alegre reiniciaranse a vindeira semana unha vez feitos os axustes necesarios para a terceira fase
O concelleiro de Espazos Cidadáns, Jorge Duarte, anunciou que as obras de mellora da mobilidade e da accesibilidade de Vista Alegre poderán reiniciarse a vindeira semana. Isto é posible unha vez feitos os axustes necesarios nas dúas primeiras fases para poder levar a bo termo a fase III, cuxo procedemento de contratación tamén comezará en breve.
ACCIÓN CULTURAL
Noite Curta presenta unha selección das películas máis exitosas da pasada edición do Festival Internacional Curtocircuíto
O Festival Internacional de Cine Curtocircuíto, que se celebra na cidade do 6 ao 11 de outubro, abre boca con dúas sesións de Noite Curta, ambas ás 21:30 horas na praza das Praterías. A primeira será este mércores 2 de setembro e nela poderemos ver unha selección das películas máis exitosas da pasada edición de Curtocircuíto. O vindeiro mércores, 9 de setembro, chegará a segunda das citas, cunha noite de cinema de vangarda na rúa en colaboración co.../em>