ALCALDÍA
O alcalde recibiu o arcebispo Julián Barrio
O alcalde compostelán, Martiño Noriega, recibiu o arcebispo de Santiago, Julián Barrio. A xuntanza, cualificada como "cordial e respectuosa" polo rexedor municipal, serviu para "a posta ao día dunha serie de cuestións da relación do Concello coa Igrexa".
ESPAZOS CIDADÁNS
O Concello reservará espazo para os colectores soterrados en Quiroga Palacios e estuda alternativas de estacionamento
O Concello reservará espazo para a instalación de colectores soterrados na avenida Quiroga Palacios e estudará a posibilidade de que a redución de prazas de estacionamento sexa menor da prevista no proxecto de reurbanización. Así o anunciou o concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade, Jorge Duarte, nunha rolda de prensa na que deu conta do estado actual desta obra e doutras previstas no ámbito do Urbana Santiago Norte.
DEPORTE
Compromiso municipal co atletismo saudable
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibiu o presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos, e o delegado da mesma en Santiago, Iván Sanmartín, xunto coa concelleira de Deporte, Noa Morales.
ACCIÓN CULTURAL
A Banda Municipal dedica o concerto deste xoves á música de raíz folclórica
A Banda Municipal de Santiago, como é habitual durante o verán, ofrece outro dos seus concertos do xoves. A partir das 20:00 horas, na praza das Praterías, a formación, baixo a batuta do director convidado David Fiuza, interpretará un programa titulado Mosaico folclórico.
ACCIÓN CULTURAL
Concertos da Real Filharmonía de Galicia e de Manuel Vilas noutra xornada do Via Stellae
Ás ordes do seu director asociado Maximino Zumalave, a Real Filharmonía de Galicia non falta á súa cita co Festival Via Stellae para presentar, se o tempo o permite, nun dos máis fermosos patios do Hostal dos Reis Católicos, o de San Xoán, as tres últimas e máis célebres sinfonías de Mozart, tres obras dunha expresividade, dramatismo e densidade nunca alcanzados ata entón a pesar de ser escritas nun dos momentos máis duros da vida do compositor. Será este venres ás 20:00 horas. A xornada...
TURISMO
As Cidades Patrimonio da Humanidade promociónanse en Praga coa exposición fotográfica "15 Xoias de España"
Do 1 de xullo ao 15 de setembro, o Instituto Cervantes de Praga (República Checa) acolle a exposición fotográfica Cidades Patrimonio da Humanidade. 15 Xoias de España.
ALCALDÍA
Noriega afirma a vontade de manter unha "interlocución estable e operativa" coa USC
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e o reitor da Universidade de Santiago, Juan Viaño, mantiveron unha xuntanza en Raxoi. Neste primeiro contacto repasaron algúns dos temas comúns que afectan á cidade e á institución, abrindo así unha etapa de "interlocución estable e operativa", en palabras do rexedor municipal.
CULTURA
A Real Filharmonía de Galicia celebrará 25 concertos na nova temporada, ademais de actuacións na rúa, propostas didácticas e un concerto extraordinario polo 20º aniversario
A Real Filharmonía de Galicia (RFG) presentou a súa nova temporada de abono 2014-2015 na súa sede, o Auditorio de Galicia. Asistiron ao acto o alcalde de Santiago, Martiño Noriega; a concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra; a xerente do Consorcio da cidade, Belén Hernández; o director titular e artístico da orquestra, Paul Daniel; e o seu director técnico, José Montes.
EDUCACIÓN
Educación e Cidadanía publica a listaxe de prazas vacantes para a segunda convocatoria de matrícula da Escola Municipal de Música
A Concellaría de Educación e Cidadanía publicou a listaxe de prazas vacantes para a segunda convocatoria de matrícula da Escola Municipal de Música.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Máis de 200 nenos e nenas participan nas actividades das Mañás de Verán e de Xogo nos centros socioculturais
Co inicio do mes de xullo arrancaron as Mañás de verán e de xogo, incluídas no programa Vive o verán. Un total de 226 nenos e nenas de idades comprendidas entre os 5 e os 12 anos, participan nestas actividades, que se desenvolven nos centros socioculturais de Vite, Conxo, Santa Marta, Fontiñas, Nemenzo, A Gracia e Figueiras.