PLENO
Aprobada unha declaración institucional que reclama un novo xulgado do social na cidade
O Pleno aprobou hoxe unha declaración institucional na que os catro grupos da Corporación amosan o seu apoio á creación dun novo xulgado do social no Partido xudicial de Santiago de Compostela. O texto foi consensuado por Compostela Aberta, PP, PSOE e BNG despois da xuntanza que os seus voceiros mantiveron a semana pasada co decano do Colexio de Avogados de Santiago, Evaristo Nogueira, para fixar unha posición conxunta na demanda de novos órganos xudiciais para a capital galega. Nesa reunión, presidida polo alcalde, Martiño Noriega,...
PLENO
O Pleno aproba unha baixada do IBI ao 0,51 e a conxelación do imposto de vehículos
Os votos do PP e do PSOE sacan adiante a emenda socialista á proposta de IBI do grupo de Goberno que sitúa este imposto no 0,51 para o vindeiro exercicio. Tamén se acordou gravar cun 50% de recargo ás vivendas baleiras porque, tal e como reflectiu a concelleira de Economía e Facenda na súa quenda, "é unha cuestión de xustiza social, posto que non pode haber vivendas sen xente e xente sen vivendas".
ACCIÓN CULTURAL
A coreana "Hai-Hil (Man On High Heels)" e o novo de Ulrich Seidl, filmes estrela da xornada do martes en Cineuropa
Cineuropa estrea en España Hai-Hil (Man On High Heels), do coreano Jang Jin, unha mestura de drama e thriller descarnado a partes iguais centrada nun policía transxénero, violentamente capaz de calquera cousa para deter aos criminais, e intimamente inmerso nunha crise, na procura da súa propia identidade sexual. O filme, que se proxectará no Teatro Principal ás 18:00 h, é escuro, desapacible e de impecable factura técnica
PLENO
A Corporación compostelá acorda por unanimidade a posta en funcionamento de atención integral ás persoas sen fogar
O Pleno da Corporación acordou este luns, por unanimidade, instar ao Goberno a poñer en marcha un programa de atención integral ás persoas sen fogar. Foi a proposta de Compostela Aberta, que na moción que levou á sesión ordinaria de novembro tamén propuña instar a outras administracións a que se corresponsabilicen na abordaxe desta problemática.
ACCIÓN CULTURAL
O filme "Son of Saul", Gran Premio do Xurado e Premio FIPRESCI en Cannes, este luns no festival Cineuropa
A xornada do luns en Cineuropa ofrecerá un total de 15 títulos, entre eles, varias estreas. Destaca Son of Saul, de László Nemes, filme que deslumbrou á crítica na pasada edición de Cannes, onde se fixo co Gran Premio do Xurado e o Premio FIPRESCI.
TURISMO
Os bares e restaurantes de Compostela xa poden inscribirse no "Camiño das Burbullas"
Os bares e restaurantes de Santiago interesados xa poden inscribirse de xeito gratuíto no "Camiño das Burbullas. Ruta dos Escumosos Galegos", que se celebrará do 1 de decembro ao 5 de xaneiro. Durante estas semanas, os establecementos participantes servirán a un prezo unificado unha serie de escumosos galegos, tanto por copa como por botella.
ACCIÓN CULTURAL
Este domingo, estrea en Cineuropa de "Slow West", ópera prima de John Maclean e Gran Premio do Xurado en Sundance
Cineuropa recomenda para este domingo Slow West, un western diferente, astuto, de brillante iluminación e intelixente humor negro. Narra a historia de Jay, un mozo de 16 anos que viaxa na busca da súa namorada. De camiño atoparase con Silas, un caza recompensas interpretado por un carismático Michael Fassbender, co que compartirá destino aínda que con diferentes fins. O filme, próximo ao cine dos Coen, Tarantino ou incluso Sam Peckinpah, valeulle ao seu director e guionista, o debutante John Maclean, o Gran Premio do Xurado no Festival...
IGUALDADE
O Concello de Santiago uniuse en Madrid á convocatoria cidadá para reclamar respostas ás violencias machistas
As concelleiras de Igualdade, Marta Lois, e de Políticas Sociais, Concha Fernández, xunto con alcaldesas e concelleiras de Barcelona, Badalona e A Coruña déronse cita no Concello de Madrid para reclamar unha resposta ás violencias machistas e sumarse á marcha convocada por organizacións feministas e cidadás.
PREMIO
Cineuropa dedícalle ao seu público o Premio da Crítica de Galicia á mellor Iniciativa Cultural que recibiu este sábado
Cineuropa foi recoñecido esta tarde co Premio da Crítica de Galicia no apartado de Iniciativas Culturais na XXXVIII edición destes premios. Recolleu o galardón, no acto celebrado en Vigo, o segundo tenente de alcalde do Concello de Santiago, Jorge Duarte, quen na súa intervención agradeceu e dedicou este premio "a todo o público de Cineuropa, sen o cal non sería posible manter durante case tres décadas este festival". Cineuropa é un festival organizado polo Concello de Santiago que ofrece cada mes de novembro en...
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno Local aproba un proxecto de mellora dos accesos ao río Sarela dende Vista Alegre e O Romaño
A Xunta de Goberno Local, na súa sesión ordinaria deste venres, aprobou o proxecto de mellora do acceso ao río Sarela dende o barrio de Vista Alegre – O Romaño. A intervención realizarase en dúas fases independentes e conta cun orzamento de 46.077 euros. Este é un proxecto incluído no programa Urbana Santiago Norte.