FESTAS

Rosalía, Rubén Blades, Mala Rodríguez ou Wolfmother, grandes nomes do "Apóstolo das Mulleres"

03/07/2018

Santiago vivirá as festas do Apóstolo do 18 ao 31 de xullo, cun programa no que este ano destaca a presenza de artistas femininas, a vocación de mostrar a cultura migrante e a aposta polos grandes cabezas de cartel. A concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, debullou hoxe a programación, na que tampouco faltarán os concertos das bandas do censo Compostela É Música nin as citas máis tradicionais do Apóstolo.

Leer más

CONSORCIO

Últimos días para visitar a mostra que reúne os principais fondos da biblioteca histórica do Xelmírez I na Casa do Cabido

03/07/2018

A exposición A pegada do coñecemento reúne na Casa do Cabido, dende mediados do pasado mes de abril, os principais fondos da biblioteca histórica do Instituto Arcebispo Xelmírez I, que foi restaurada durante os últimos dous anos co apoio do Consorcio de Santiago. A mostra, que pode visitarse de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas, pecha este xoves, 5 de xullo.

Leer más

ALCALDÍA

O Goberno local celebra o próximo venres un novo encontro "Ao vivo"

02/07/2018

O Goberno local participará o próximo venres nun novo encontro Ao vivo, desta vez na Casa das Asociacións de Benestar Social de Salgueiriños, e dirixido á veciñanza deste barrio, de Cancelas e de Meixonfrío. Á xuntanza asistirán o alcalde, Martiño Noriega, e todos os concelleiros e concelleiras do Goberno.

Leer más
Compartir: