CONSORCIO
O Consorcio reparou a cuberta da igrexa de San Paio de Sabugueira, situada na Lavacolla
As obras, cun orzamento de 18.554,44 euros, centráronse na renovación das tellas e na eliminación da vexetación.
ALCALDÍA
O alcalde reúnese coa directiva do Club Financeiro
A entidade expresoulle a Martiño Noriega o seu respaldo ás reivindicacións de infraestruturas para Compostela.
MEDIO AMBIENTE
Compostela e os concellos da comarca seguen dando pasos para colaborar na prestación de servizos
Santiago, Ames, Teo e Vedra analizan fórmulas de cooperación en relación ao lixo, o subministro eléctrico ou as emerxencias. Oroso e Boqueixón amosaron o seu interese en sumarse aos acordos.
ACCIÓN CULTURAL
Dezanove concertos na cuarta edición das Xornadas de Música Contemporánea
A tenente de alcalde do Concello de Santiago, María Rozas; e o director do Centro Nacional de Difusión Musical do INAEM, Antonio Moral, presentaron esta mañá na Casa do Concello as Xornadas de Música Contemporánea. Fixérono acompañados da vicerreitora de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social da USC, Dolores Álvarez e a xerente do Consorcio de Santiago, Belén Hernández.
ACCIÓN CULTURAL
Curtocircuíto homenaxea a Jørgen Leth
Un dos elementos que conforman a identidade de Curtocircuíto son as súas retrospectivas, como a dedicada ao canadiano Mike Hoolboom o pasado ano. Nesta ocasión, o danés Jørgen Leth únese ao xa anunciado Aki Kaurismäki como cineasta ao que o festival homenaxea en 2015.
CONSORCIO
Un libro recolle a evolución urbana e os cambios que experimentou a cidade de Santiago entre 1778 e 1950, un período moi pouco estudado
A publicación, coeditada polo Consorcio de Santiago e Teófilo Edicións, é o resultado das investigacións do arquitecto Pablo Costa. O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, foi o encarga de presentar o libro na Fundación Torrente Ballester.
FACENDA
María Rozas reúnse coa banca ética Fiare para valorar fórmulas de colaboración
A concelleira de Economía e Facenda, María Rozas, mantivo unha xuntanza coa entidade financeira Fiare GZ, unha cooperativa asociada ao banco Popolare italiano que lle presentou os servizos que prestan.
ALCALDÍA
Minuto de silencio polas últimas vítimas da violencia machista
A Praza do Obradoiro acolleu unha concentración para condenar os últimos asasinatos machistas, que deixaron tres vítimas no Estado nas últimas horas.
IGUALDADE
A praza do Obradoiro encherase o venres de pegadas en prol da igualdade
A praza do Obradoiro será escenario, o próximo venres, dunha acción creativa que quere ser unha chamada de atención sobre a necesidade de camiñar cara unha sociedade máis igualitaria. A concelleira de Igualdade, Marta Lois, invitou hoxe á veciñanza a sumarse a este proxecto, que o Concello pón en marcha en colaboración co colectivo Abrollarela.
EDUCACIÓN
A obra Ícaro, premio internacional "Compostela" de álbums ilustrados, formará parte da prestixiosa lista The White Ravens
Trátase dunha selección elaborada pola Biblioteca Xuvenil Internacional de Múnich que recolle os mellores títulos da literatura infantil e xuvenil e que será presentada na Feira Internacional do Libro de Franckfurt. Ícaro tamén foi elixida pola Organización Española do Libro infantil e xuvenil para formar parte da Lista de Honra da IBBY.