ALCALDÍA

Recoñecemento municipal a un novo éxito do atleta compostelán Pedro Nimo

27/09/2018

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e outros membros da Corporación recibiron en Raxoi o atleta compostelán Pedro Nimo, que o pasado 12 de agosto, en Berlín, obtivo coa Selección Española a medalla de prata por equipos do maratón do Campionato de Europa de Atletismo. Ademais, foi 22º na clasificación individual.

Leer más

MOBILIDADE

Os vehículos eléctricos, protagonistas dunha nova xornada da Semana Europea da Mobilidade

27/09/2018

Este xoves celébrase o Día da Mobilidade Eléctrica, dentro da Semana Europea da Mobilidade. A Alameda acolle ao longo de toda a xornada unha exposición de vehículos eléctricos, na que participaron diferentes empresas e concesionarios da cidade. O concelleiro Jorge Duarte visitou a mostra e reiterou "o compromiso do Goberno de incorporar este tipo de vehículos á flota municipal, apostando pola redución de emisións contaminantes".

Leer más

ALCALDÍA

O comedor de Fonseca acollerá de forma provisional o legado Maside adquirido polo Consorcio

27/09/2018

O comedor do Pazo de Fonseca será o espazo que acolla provisionalmente o Legado de Maside. As 21 pezas que conforman a colección foron adquiridas polo Consorcio de Santiago, permitindo darlle cumprimento ao desexo expresado polo propio Carlos Maside de que a súa obra estivera en Compostela. O alcalde e presidente do Consorcio, Martiño Noriega, visitou hoxe o espazo acompañado polos herdeiros do artista e por representantes de todas as institucións que fixeron posible a compra e a próxima exposición do legado: o Consorcio, a...

Leer más

DEPORTE

Compostela acolle o 7 de outubro unha nova edición da camiñada solidaria ao Pedroso

27/09/2018

A concelleira de Deporte, Noa Morales, acompañada do presidente da sección de montaña do Club Deportivo Fontiñas, Iñaki Bilbao, e da coordinadora de Unicef Comité Galicia, Irene Marín, deu conta hoxe dos detalles da edición número XVII da Camiñada ao Pedroso, que terá lugar o vindeiro domingo 7 de outubro ás 10:00 horas. Un ano máis, o recadado irá para Unicef.

Leer más

FACENDA

Aberta a fase de votación dos Orzamentos Participativos 2019 cun total de 136 propostas

26/09/2018

Rematado o proceso de avaliación técnica por parte dos distintos departamentos do Concello, este martes 25 de setembro pola tarde abriuse o proceso de votación coas 136 propostas que pasaron o filtro técnico. Tal e como explicou a concelleira de Economía e Facenda, María Rozas, en rolda de prensa, "as propostas que se desbotaron ou ben non eran competencia municipal, ou ben superaban o orzamento dispoñible ou non eran propostas de investimentos". A Mesa de Propostas, reunida hai uns días, ponderou as propostas segundo os...

Leer más
Compartir: