CENTROS CÍVICOS

A XI edición do Festival BateBatuke leva a batucada ás rúas da cidade

29/05/2019

Dende o 31 de maio ata o 2 de xuño, Compostela convértese no escenario do festival de percusión afro-brasileira BateBatuke, que organiza a asociación cultural Trópico de Grelos en colaboración co Concello de Santiago. A concelleira de Centros Cívicos, Concha Fernández, presentou hoxe a actividade, que "este ano ten o atractivo engadido de coincidir coas festas da Ascensión, e de chegar por vez primeira ao Ensanche". Na rolda de prensa tamén participaron Julia Sueiro, Andrés Rivero e Miguel...

Leer más

CONSORCIO

A Fundación Laboral da Construción e o Consorcio de Santiago convocan o Curso Superior de Especialización en Xestión de Obras de Rehabilitación 2019 (CEGOR)

28/05/2019

A Fundación Laboral da Construción, o Consorcio de Santiago e a Fundación Catedral de Santiago presentaron hoxe no Centro de Referencia de Formación en Materia de Rehabilitación de Pontepedriña o Curso Superior de Especialización en Xestión de Obras de Rehabilitación. Está dirixido a profesionais, técnicos/as e xefes/as de obras de rehabilitación coa necesidade de adquirir ou ben actualizar os seus coñecementos en materia de conservación, restauración e rehabilitación.

Leer más

CONSORCIO

A Real Filharmonía de Galicia pecha a tempada de abono 2018/2019 coa estrea en España de "A balada do cárcere de Reading", de Jonathan Rathbone

27/05/2019

A Real Filharmonía de Galicia pecha esta semana a tempada de abono con dous concertos dirixidos polo seu director titular, o mestre Paul Daniel. O primeiro soará o mércores 29 en Santiago, no Auditorio de Galicia, ás 20:30 horas. O xoves, a orquestra tocará no Auditorio de Ferrol, tamén ás 20:30 horas, dentro da colaboración que a RFG mantén coa Sociedade Filharmónica Ferrolá. O ensaio xeral do mércores 29 no Auditorio de Galicia será aberto ao público ata completar aforo, e comezará...

Leer más

EDUCACIÓN E CIDADANÍA

A Escola Municipal de Música dedicará o seu festival de fin de curso á canción galega

27/05/2019

A Escola Municipal de Música celebrará seu festival de fin de curso 2018-2019 o vindeiro 21 de xuño ás 19:00 horas, no Auditorio de Galicia, baixo o título "50 anos da canción galega". Este festival enmárcase na liña de traballo iniciada o ano pasado con "A muller galega na música", na que a Escola érguese como centro vertebrador da recuperación e posta en valor do inmenso patrimonio musical feito en Galicia.

Leer más

ALCALDÍA

A ruta cultural "As pegadas de Rosalía" xa conta cunha páxina web propia

24/05/2019

Os concellos de Santiago, Ames, Brión e Padrón acaban de poñer en funcionamento a páxina web da ruta cultural "As pegadas de Rosalía". Mediante esta acción búscase que os usuarios poidan acceder de forma directa e fácil a información detallada sobre a ruta rosaliana, así como dar a coñecer as últimas novas e iniciativas organizadas arredor da propia ruta. A web www.rutarosaliana.gal, que xa está dispoñible en galego,...

Leer más
Compartir: