PLENO
O Pleno aproba un suplemento de crédito de algo máis de catro millóns de euros para o exercicio 2010
Na sesión ordinaria do Pleno municipal aprobouse, cos votos favorables do grupo de Goberno e o voto en contra do PP, un suplemento de crédito de 4.135.000 euros para o exercicio 2010. Esta cantidade servirá para facer fronte a obras cuxo financiamento está comprometido con cargo a outras administracións. É o caso do convenio de travesías e o do Casco Histórico.
MERCADOS
O Concello valora positivamente a moción para axilizar as obras de rehabilitación do Mercado de Abastos
O Concello e a Concellería de Mercados valoran positivamente o compromiso acadado pola Comisión de Vivenda do Senado, que vén de aprobar unha moción para que se leven a cabo o antes posible as obras de rehabilitación do Mercado de Abastos compostelán.
ALCALDÍA
O alcalde reuniuse cos veciños para explicarlles o proxecto de reurbanización de Rosalía de Castro
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, mantivo un encontro con veciños para explicarlles de forma directa o proxecto de reurbanización dos entornos urbanos de acceso á cidade que afectará ao tramo Rosalía de Castro, dende Romero Donallo-Santa Marta-Choupana-Volta do Castro.
TURISMO
O Fórum Gastronómico despídese de Santiago ata o ano 2012
Clausurouse o Fórum Gastronómico Santiago 2010. Ademais da presenza de destacados cociñeiros, o Auditorio do Fórum Gastronómico acolleu a entrega dos Premios Picadillo e do Premio Fórum Tapas.
PARTICIPACIÓN CIDADÁ
A Concellería de Participación Cidadá convida os veciños a facer o Camiño de Santiago a través de nove rutas
Fai o Camiño connosco. Así reza o lema co que a Concellería de Participación Cidadá quere convidar a todos os cidadáns a realizar o Camiño de Santiago neste Ano Santo. Para iso, ofrécelles a posibilidade de chegar a Compostela a través de nove rutas distintas: cinco de sendeirismo, tres tradicionais e unha marítima.
CULTURA
Rodrigo Leão visita Compostela co seu traballo máis introspectivo e nostálxico
O fundador de Madredeus e Sétima Legião, Rodrigo Leão, presenta A Mâe o sábado 27 de febreiro, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia. O concerto pertence ao ciclo Sons da Diversidade, organizado pola Concellaría de Cultura.
ALCALDÍA
Santiago acollerá en maio o IV Congreso Nacional de Auditoría no Sector Público
O conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia, Antonio López Díaz, reuniuse o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, para explicarlle de primeira man o programa do IV Congreso Nacional de Auditoría no Sector Público que se celebrará no Palacio de Congresos e Exposicións do 25 ao 27 de maio.
XUNTA DE GOBERNO
Adxudicada a redacción de tres novos proxectos do Fondo Estatal para a Sostibilidade Local
A Xunta de Goberno adxudicou os contratos para a redacción do proxecto e a dirección facultativa de varias das obras das incluídas no Fondo Estatal para o Emprego e a Sostibilidade Local. Tamén se determinou a dirección facultativa e de seguridade das obras nos accesos á cidade.
ALCALDÍA
A Catedral iluminouse para erradicar a polio
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asistiu ao acto celebrado na praza do Obradoiro polo Club Rotary Internacional para celebrar o Día Mundial da Paz. A Catedral iluminouse cunha mensaxe reivindicando a eliminación da polio, ao tempo que este mesmo lema se iluminaba na pirámide de Kefrén (Exipto), no edificio Wrigley de Chicago (EE.UU), no Obelisco de Bos Aires (Arxentina) ou na presa do lago de Maratón (Grecia).
TURISMO
O Fórum Viño protagonizou a segunda xornada do congreso profesional do Fórum
O Fórum Vino foi o protagonista da segunda xornada do congreso profesional do Fórum Gastronómico Santiago 2010, As Cociñas do Atlántico, que se celebra en Santiago de Compostela. O mércores 24, ás 20:00 horas, o Fórum pechará as súas portas.