IGUALDADE
Marta Lois reitera a aposta do Goberno local por políticas de xénero transversais e transformadoras
As concelleiras de Igualdade de Santiago, Marta Lois, e da Coruña, Rocío Fraga, reuníronse en Raxoi. A xuntanza foi unha primeira toma de contacto para tecer redes de colaboración e buscar puntos de encontro no ámbito das políticas de igualdade, marcadas como puntos estratéxicos polos novos gobernos locais das dúas cidades.
ACCIÓN CULTURAL
Ghazafellos presenta "As mil e unha noites" na última semana de Verán na Rúa
A compañía galega Ghazafellos presenta este martes 25 de agosto o seu espectáculo de teatro de rúa As mil e unha noites. Será con entrada libre, a partir das 19:30 horas, na praza da Quintana, dentro do festival Verán na rúa. Este programa finalizará esta semana co Mago Romarís o mércores en San Martiño Pinario e Bamb-alas o xoves na praza da Quintana.
XUNTA DE GOBERNO
O obradoiro "Ecotur Xuvenil" permitirá formar e contratar a 34 persoas e acondicionar as sendas peonís de Galeras, Ponte Albar e Brañas do Sar
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, deu conta en rolda de prensa dos asuntos tratados na última Xunta de Goberno, celebrada na mañá deste luns. Entre os puntos aprobados figura a aceptación dunha subvención da Consellería de Traballo e Benestar para a realización do obradoiro de emprego "Ecotur Xuvenil". Tamén se seu o visto bo inicial á listaxe provisional de autorizacións de venda ambulante no mercado de Salgueiriños.
CONSORCIO
O Consorcio de Santiago limpará e reparará a torre do campanario da igrexa da Peregrina, afectada pola entrada de auga
O Consorcio de Santiago vai limpar e reparar a torre do campanario da igrexa da Peregrina, situada na parroquia do mesmo nome. A intervención é urxente debido á importante entrada de auga no campanario e no seu contorno. Os traballos, cuxa duración estímase en tres meses, teñen un orzamento global de 40.574,59 euros.
ACCIÓN CULTURAL
Aki Kaurismäki visitará Curtocircuíto
A concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, e o director do Festival Internacional de Cinema Curtocircuíto, Pela del Älamo, anunciaron a presenza nesta edición do certame do cineasta finés Aki Kaurismäki, ao que se lle dedicará un programa propio. Esta é a primeira dunha serie de sorpresas que traerá o festival nesta nova edición, do 6 ao 11 de outubro. E como adianto, os días 2 e 9 de setembro, chegan as "Noites curtas", nas que se poderá ver o mellor da pasada edición en...
ALCALDÍA
Martiño Noriega escoitou as demandas dos veciños do barrio de Vite
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, segue a súa rolda de contactos coas entidades veciñais do concello. Desta vez, mantivo unha xuntanza coa Asociación de Veciños Monte de Deus.
ALCALDÍA
Martiño Noriega expresa a vontade de axilizar o proxecto de inserción sociolaboral de Proxecto Home en Virxe da Cerca
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reuniuse en Raxoi co director de Proxecto Home Galicia, Ramón Gómez Crespo. Da xuntanza saíu o compromiso do rexedor de por "toda a vontade política" en desbloquear o proxecto de inserción sociolaboral previsto por Proxecto Home na antiga sede da entidade na rúa Virxe da Cerca.
POLÍTICAS SOCIAIS
O Goberno local desbloquea os convenios coas entidades sociais deste exercicio 2015
A concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, ofreceu en rolda de prensa datos relativos aos 28 convenios con entidades sociais recollidos nos orzamentos de 2015 e cuxa tramitación se atopaba paralizada. Indicou que se tomou a decisión política de mantelos e de "desbloquear" a situación na que estaban. Destes acordos, 16 xa pasaron pola Xunta de Goberno e están asinados ou pendentes de asinar e outros dez serán tramitados no prazo máximo dun mes, segundo anunciou.
ACCIÓN CULTURAL
"Ekilibuá", de Maintomano, en Verán na Rúa
A compañía Maintomano, de Castela e León, presenta o seu espectáculo Ekilibuá este xoves, ás 19:30 horas, na praza da Quintana, nunha nova xornada do programa Verán na rúa.
ALCALDÍA
O Concello sumouse á homenaxe a Ánxel Casal no 79º aniversario do seu asasinato
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, participou no acto de homenaxe a Ánxel Casal, celebrado como cada 19 de agosto na Estivada da Ribeira (Montouto), preto da curva na que apareceu tras ser asasinado na noite do 18 ao 19 de agosto de 1936.