XUNTA DE GOBERNO

Luz verde ás convocatorias do III Premio á Excelencia Empresarial e das axudas destinadas a apoiar as empresas de Economía Social

26/08/2024

No ámbito da promoción económioca, a Xunta de Goberno deu luz verde esta mañá ás bases reguladoras e ás convocatorias dos III Premios a excelencia empresarial Axenda Urbana 2030, por un valor de 60.000 euros, e das axudas destinadas a apoiar ás empresas de Economía Social de Santiago, que contará cun orzamento de 120.000 euros. A alcaldesa Goretti Sanmartín deu detalle destas iniciativas na rolda de prensa desta mañá.

Leer más

CAPITAL CULTURAL

Aberto ata o 10 de setembro o prazo de presentación aos Premios SELIC para obras ambientadas ou relacionadas con Compostela

22/08/2024

As persoas intesadas en participar nos Premios SELIC de creación literaria poderán presentar as súas propostas en galego nos xéneros de narrativa, poesía, teatro e ensaio ata o vindeiro 10 de setembro. Convocado polo Concello de Santiago, o obxectivo deste certame de incrementar a presencia de Compostela na literatura escrita en galego. A obra gañadora recibirá unha dotación económica de 6.000 euros e haberá outros dous accésits de 1.500 euros.

Leer más

ALCALDÍA

Goretti Sanmartín, no acto en lembranza a Ánxel Casal: "este acto de memoria é necesario polo noso compromiso coa verdade, a xustiza e a dignidade de todas as persoas silenciadas"

19/08/2024

Goretti Sanmartín asegurou que "a memoria histórica é de gran importancia" porque "axuda a resignificar os feitos a partir do presente poñendo en perspectiva o vivido no pasado". Así o afirmou duranto o acto en lembranza a Ánxel Casal, alcalde de Santiago de Compostela no 1936, celebrado no Pazo de Raxoi no que tamén interviron o alcalde de Arzúa, Xoán Xesús Carril; e o edil Juan Jesús Cerqueiro en representación do Concello de Teo.

Leer más
Compartir: