OBRAS E MOBILIDADE

As obras do Pombal comenzarán o 25 de xuño "para mellorar a accesibilidade e apostar por un novo modelo urbano"

19/06/2024

As obras de reurbanización da rúa do Pombal comezarán o próximo 25 de xuño, unha vez rematado o curso escolar, co obxectivo de reducir o seu impacto na mobilidade. Os traballos, nos que se van investir máis de 730.000 euros, permitirán mellorar a accesibilidade e renovar a rede de servizos, ao tempo que "son reflexo da aposta por un novo modelo urbano que prioriza a mobilidade peonil e ciclista, grazas á ampliación da beirarrúas e o acondicionamento dun carril bici".

Leer más

ALCALDÍA

Asinada a addenda que actualiza o financiamento da nova depuradora da Silvouta

19/06/2024

O pazo de Raxoi acolleu esta mañá o acto de sinatura da addenda nº1 ao ao convenio subscrito entre o Concello de Santiago, Augas de Galicia e Acuaes para a execución e explotación da nova estación depuradora de augas residuais da Silvouta. Asinaron a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín; Ángeles Vázquez, conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, como presidenta de Augas de Galicia; e Rosa Cobo, presidenta executiva de Acuaes. Tamén asistiu o delegado do Goberno, Pedro Blanco, e membros da corporación...

Leer más

URBANISMO

Publicado no DOG o anuncio de suspensión cautelar de licenzas e comunicacións previas que protexe o comercio de proximidade

19/06/2024

O Diario Oficial de Galicia publicou este mércores 19 de xuño, tal e como comprometera o goberno local, o acordo da Xunta de Goberno do luns 17 de xuño polo que se procede á suspensión cautelar de licenzas e comunicacións previas de determinados establecementos vencellados ao turismo, así como suspende a substitución de usos comercias por residenciais nos baixos, isto é, non se pode implantar unha vivenda onde agora haxa un comercio.

Leer más
Compartir: