CIDADES PATRIMONIO

Goretti Sanmartín presenta en Suíza a oferta de turismo cultural do Grupo Ciudades Patrimonio

12/06/2024

A alcaldesa de Santiago e vicepresidenta do Grupo salientou a singularidade das 15 cidades que representadas, asegurando que "en conxunto ofrecen un percorrido único e extraordinario a través da historia, da arte, do territorio, do coñecemento e da diversidade cultural e lingüística". A presentación tivo lugar na cidade de Zúrich, da man de Paradores e Turespaña, ante máis dun centenar de profesionais, incluídas axencias de viaxes, empresas do sector de reunións e congresos e medios especializados

Leer más

COMERCIO

Medio cento de marcas participan en "Sabor a novo", un evento "para poñer en valor a artesanía galega e o comercio local"

12/06/2024

Medio cento de marcas galegas de moda, xoiaría, cerámica, cestería, decoración ou mesmo alimentación participarán o próximo domingo en "Sabor a novo", un evento que se celebrará no Pazo de San Lourenzo e no que tamén haberá música en directo, obradoiros de creación artesanal, e unha ampla oferta gastronómica. O obxectivo é "poñer en valor a produción e a artesanía galega e o comercio de proximidade, cunha actividade que quere ser tamén lúdica para...

Leer más
Compartir: