XUVENTUDE

A Concellaría de Xuventude mellora a insonorización e adquire novo material para os locais de ensaio do Centro Xove da Almáciga

11/04/2024

O Departamento de Xuventude vén de afrontar melloras no Centro Xove da Almáciga, atendendo as demandas trasladadas polas bandas que utilizan os locais de ensaio. A concelleira María Rozas visitou o centro para facerlles entrega dun lote de diverso material que viña sendo reclamado polos grupos, e para explicar as actuacións que se levaron a cabo para reforzar a insonorización das diferentes salas. Ademais, avanzou que o orzamento municipal de 2024 contempla unha partida para adquisición de novos instrumentos pra o seu préstamo.

Leer más

ALCALDÍA

O Concello de Santiago recoñece coas súas distincións máis elevadas a sete persoeiros que "engrandecen a nosa historia e fan esta cidade aínda máis fermosa"

11/04/2024

Nun acto celebrado no Teatro Principal, o Concello concedeu as súas máis prezadas condecoracións a sete figuras clave na historia de Compostela. Outorgáronse as Medallas de Ouro á xornalista Tareixa Navaza e ao activista político Luís Pasín e nomeáronse Fillos/as Predilectos/as da cidade o médico Ramón Baltar, a artista e comerciante Aurora Pereira (Aurichu), ambos a título póstumo, e o divulgador cultural Ezequiel Méndez. O párroco José Porto e o profesor Manuel Quintáns -a...

Leer más

CAPITAL CULTURAL

‘Macho Grita’ e ‘Amal’ centran a axenda escénica de Compostela Cultura para a fin de semana

11/04/2024

Alberto San Juan parte do mito de Don Xoán para revisar a historia de España en ‘Macho Grita’, un espectáculo da Compañía Nacional de Teatro Clásico que encherá o venres o Teatro Principal. A compañía La Baldufa tomará as táboas da rúa Nova o sábado con ‘Amal’, un traballo para público familiar que se atopa entre os recomendados pola Rede Española de Teatros.

Leer más
Compartir: