IGUALDADE
Minuto de silencio pola última vítima mortal da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio para condenar o asasinato o pasado venres dun neno en Beniel (Murcia), vítima da violencia machista.
FESTAS
Fredi Leis, Banda Crebinsky e Holywater pecharán as festas do Apóstolo cun concerto este mércores na praza da Quintana
O concelleiro de Festas, Gonzalo Muíños, e o cantante compostelá, Fredi Leis, presentaron hoxe o concerto que pechará as festas do Apóstolo 2019. Será o día 31, ás 21:00 horas, na praza da Quintana. Sobre o palco tamén estarán a Banda Crebinsky e Holywater, con entrada libre.
XUNTA DE GOBERNO
Visto bo á convocatoria de subvencións para as asociacións veciñais
A Xunta de Goberno Local celebrada este luns aprobou as bases da convocatoria de subvencións ás asociacións veciñais sen ánimo de lucro para o desenvolvemento de programas e actividades de interese xeral durante o exercicio 2019, por un importe total de 100.000 euros.
ALCALDÍA
O alcalde recibe os nenos e nenas saharauís do programa Vacacións en Paz
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo recibiu, un ano máis, os/as menores que participan no programa Vacacións en Paz e as súas familias acolledoras. Tamén participaron no acto a concelleira de Educación, Noa Díaz; o edil de Relacións Institucionais, Sindo Guinarte; o voceiro do PP, Agustín Hernández; e as concelleiras do BNG Goretti Sanmartín e Navia Rivas.
PLENO
A Corporación aproba unha declaración institucional en defensa de proxectos básicos para a cidade
O Pleno da Corporación aprobou por unanimidade unha declaración institucional que fixa unha serie de obxectivos prioritarios para a cidade, de conformidade co acordo subscrito no seu día polas forzas políticas representadas na Corporación Municipal e o Foro Cívico.