XUNTA DE GOBERNO
Visto bo ao proxecto de acondicionamento do campo da festa do Castiñeiriño
A Xunta de Goberno aprobou hoxe o proxecto de acondicionamento do campo da festa do Castiñeiriño, ao que se van destinar case 450.000 euros. A actuación pretende responder ás novas necesidades do barrio, xeradas polo seu crecemento residencial.
EDUCACIÓN E POLÍTICAS SOCIAIS
O Concello súmase á campaña "Tan diferentes como iguais", que impulsa Down Galicia
Os concelleiros de Educación e Políticas Sociais, Manuel Dios e Concha Fernández, reuníronse hoxe coa vicepresidenta e a coordinadora da área de Inclusión Educativa de Down Galicia, Rebeca Munín e Cristina Rey, para abordar a campaña "Tan diferentes como iguais", que a entidade quere impulsar ao abeiro do día 21 de marzo.
ESPAZOS CIDADÁNS
Constituído o Consello Asesor do Parque Compostela Rupestre, que estrea imaxe corporativa
Esta mañá quedou constituído o Consello Asesor do Parque Compostela Rupestre, nunha reunión celebrada no Pazo de Raxoi na que estiveron representados os cinco concellos que participan do proxecto (Santiago, Ames, Brión, Teo e Val do Dubra) e máis a Deputación da Coruña. Na xuntanza tamén se presentou a nova imaxe corporativa do parque.
ALCALDÍA
Martiño Noriega destaca que o novo enlace da AP-9 coa Cidade da Cultura mellorará a conectividade cos barrios de Fontiñas e Sar
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, acudiu hoxe á posta en funcionamento do enlace PK 70 da AP-9 coa Cidade da Cultura, obra que supuxo un investimento de 3,58 millóns de euros e que foi executada polo Ministerio de Fomento. No acto tamén estiveron, entre outros, o delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, e o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.
ALCALDÍA
Quince concellos únense na Asociación de Entidades Locais pola Lingua
Hoxe quedou constituída, nunha asemblea celebrada no Pazo de Raxoi, a Asociación de Entidades Locais pola Lingua. Trátase dunha entidade que ten como obxectivo desenvolver proxectos conxuntos no ámbito da normalización do idioma.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno aproba os prazos de inscrición nas escolas infantís municipais
A Xunta de Goberno aprobou hoxe os prazos e o procedemento de admisión e matrícula nas escolas infantís municipais de Conxo, Fontiñas, e Meixonfrío-Salgueiriños. No caso de novo ingreso, o prazo de presentación de solicitudes será do 16 de marzo ao 16 de abril.
ACCIÓN CULTURAL
A Banda Municipal de Música actúa o domingo en Braga, na Semana Cultural de Converxencias Portugal-Galiza
A Banda Municipal de Música de Santiago ofrecerá un concerto o próximo domingo en Braga, dentro da programación da quinta Semana Cultural de Converxencias Portugal-Galiza, que promove o Centro de Estudos Galegos da Universidade do Minho. A concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, e o director da Banda, Casiano Mouriño, participaron hoxe na presentación do programa.