XUNTA DE GOBERNO
Aberto o procedemento de adxudicación da cafetería da Granxa do Xesto
A Xunta de Goberno acordou este venres abrir o procedemento de adxudicación da explotación da cafetería da Granxa do Xesto. A principal novidade é que o proceso está reservado a centros especiais de emprego e empresas de inserción.
PATRIMONIO
Jorge Duarte participa en Córdoba nunhas xornadas sobre sustentabilidade nos centros históricos
Córdoba acolle este xoves e venres un encontro co título "Sustentabilidade e convivencia en centros históricos, uso e goce do espazo público e xestión da contaminación acústica. Smart City/Smart Heritage: Intercambio de experiencias nas Cidades Patrimonio da Humanidade de España". O concelleiro de Espazos Cidadáns, Jorge Duarte, participa nestas xornadas xunto con outros edís responsables de Patrimonio das Cidades Patrimonio.
DEPORTE
Salgueiriños acolle a XI edición de XiraKarting, que achegará o mundo do motor ao público familiar
A concelleira de Deporte, Noa Morales, presentou esta mañá a undécima edición de XiraKarting Galicia, que se celebra do 9 ao 11 de xuño nun circuíto instalado en Salgueiriños. Na rolda estivo acompañada por Raquel González, directora de RGM Eventos; Antonio Cortés, director de Marketing de Gadisa, e Ernesto Vázquez, da Federación Galega de Automobilismo.
ACCIÓN CULTURAL
O Premio Antón Risco de literatura fantástica e as traducións ao vivo protagonizan a penúltima xornada da SELIC
A Semana do Libro de Compostela vai chegando á súa fin cunha penúltima xornada na que a praza da Quintana acollerá actividades de 12:00 a 22:00 horas.
XUNTA DE GOBERNO
O Goberno local destinará preto de 200.000 euros á mellora do pavillón de Monte dos Postes
A Xunta de Goberno aprobou hoxe o expediente da obra de reforma da cuberta e mellora da iluminación do pavillón deportivo municipal de Monte dos Postes, un proxecto longamente demandado. A actuación será adxudicada mediante procedemento negociado sen publicidade. O tipo de licitación establecido é de 190.000 euros.