CONVIVENCIA

O Goberno reorganiza as áreas de aparcamento para residentes da cidade vella

08/06/2017

O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia presentou hoxe as modificacións que se van poñer en marcha en distintas zonas de aparcamento a partir do 1 de xullo, e que lle afectan fundamentalmente á cidade histórica. Xan Duro explicou que os cambios, que serán aprobados mañá pola Xunta de Goberno, "responden ás solicitudes recibidas no Departamento de Tráfico, tanto por parte de particulares como de asociacións veciñais". Ademais, dixo, "atenden á filosofía do Executivo de potenciar a...

Leer más

SAÚDE

O Auditorio acolle dúas charlas de Agamus sobre o uso da musicoterapia

08/06/2017

A concelleira de Políticas Sociais, Diversidades e Saúde, Concha Fernández, deu conta hoxe das Xornadas de Portas Abertas que organiza a Asociación Galega de Musicoterapia (Agamus) dende o 15 e maio ao 15 de xuño. Na rolda estivo acompañada da presidenta e investigadora científica, Montse Merino; do vicepresidente e coordinador do grupo de musicoterapeutas voluntarios de Agamus no Servicio de Neuroloxía do CHUS, Marco Costa, e da voceira da Xunta Directiva e terapeuta ocupacional, Marta Pérez.

Leer más

ALCALDÍA

O Concello e catro agrupacións folclóricas da cidade poñen en marcha o ciclo "As raíces na pedra"

08/06/2017

O alcalde presentou hoxe o ciclo As raíces na pedra, froito da colaboración entre o Concello e catro das agrupacións de baile e música tradicional da cidade. Martiño Noriega estivo acompañado na rolda de prensa por Rafa Sexto, da Agrupación Folclórica Colexiata de Sar; Carlos Delgado, secretario de Cantigas e Agarimos; Gustavo Couto, do Obradoiro de Cultura Tradicional Ultreia, e Montse Rivera, directora do grupo de baile de Brincadeira.

Leer más

MEDIO AMBIENTE

Novos obradoiros e roteiros no CIAC neste mes de xuño

08/06/2017

Ademais do ciclo de cinema Loitas Ambientais na Galiza, que se vén celebrando con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente, este mes levaranse a cabo outras actividades no Centro de Interpretación Ambiental de Compostela (CIAC). Está previsto un relatorio sobre o coltán en colaboración co Instituto Jane Goodall , o roteiro interpretativo mensual e un obradoiro e un roteiro de recoñecemento das herbas de San Xoán.

Leer más

ACCIÓN CULTURAL

As mulleres, protagonistas na axenda da SELIC deste venres

08/06/2017

As mulleres, protagonistas na axenda da SELIC para este venres
A Semana do Libro de Compostela entra na súa recta final, e nos tres próximos días a carpa da praza da Quintana estará aberta durante todo o día para albergar ducias de actividades.

Leer más
Compartir: