XUNTA DE GOBERNO
Aprobada inicialmente a modificación do regulamento do Pleno
A Xunta de Goberno aprobou hoxe de maneira inicial a modificación do regulamento orgánico do Pleno do Concello de Santiago, que agora terá que recibir o visto bo da Corporación municipal. O alcalde explicou que, deste xeito, "danse os últimos pasos nun longo proceso de traballo no que os catro grupos municipais están implicados dende hai case un ano".
IGUALDADE
Minuto de silencio pola última vítima mortal da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu unha concentración para condenar o último asasinato machista, neste caso dun neno de oito meses. Os feitos aconteceron este xoves en Arcos de la Frontera (Cádiz).
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Última sesión dos "Contos no espello" no CSC de Conxo
Este sábado 3 de xuño, ás 20:30 horas, o Centro Sociocultural "Aurelio Aguirre" de Conxo acollerá a última sesión desta edición de Contos no espello, unha serie de sesións monográficas nas que se realizou unha escolma de relatos universais nos que o espello ten un papel protagonista.
ACCIÓN CULTURAL E TURISMO
A SELIC, a Festa do Deporte e Compostela + Solidaria, na "Compostelánea" deste mes de xuño
A concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, presentou esta mañá o undécimo número da revista Compostelánea, a publicación mensual elaborada por Turismo de Santiago e a Concellaría de Acción Cultural que informa da oferta turística, cultural e de ocio da cidade. Trátase do décimo número da revista, que naceu en xullo de 2016 para ofrecer a habitantes e visitantes de Santiago unha guía práctica para sumarse con boa información á vida activa na cidade.
XUNTA DE GOBERNO
Iniciado o proceso de execución da sentenza sobre a ORA e o guindastre
A Xunta de Goberno acordou iniciar o proceso de execución da sentenza no incidente de execución promovido por Doal en relación á adxudicación dos servizos da ORA e o guindastre. O alcalde, Martiño Noriega, explicou que "este é un acordo formal, porque a mesa de contratación para darlle cumprimento ao fallo xudicial xa mantivo onte a súa primeira reunión".
CONVIVENCIA
A Policía Local colabora coa campaña de control de alcoholemia e drogas da DXT
A Policía Local de Compostela vai colaborar coa Dirección Xeral de Tráfico na campaña de control da taxa de alcoholemia e drogas que se vai desenvolver en todo o Estado do 5 ao 11 de xuño.
ACCIÓN CULTURAL
Arranca a SELIC, a I Semana do Libro de Compostela
Esta venres botou a andar a primeira Semana do Libro do Compostela, a SELIC, organizada polo Concello en colaboración coas editoras e librarías que integran a Mesa do Libro. O alcalde, Martiño Noriega, foi o encargado de inaugurar o encontro, acompañado por David Cortizo, de Urco Editora, e de Loaira Martínez, da Libraría Ciranda.