CONVIVENCIA E BENESTAR ANIMAL
O Concello anima os donos dos animais a seren responsables e recoller os seus excrementos
O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, e a responsable de Benestar Animal, Noa Morales, presentaron hoxe unha campaña de concienciación que leva por nome "Eu tamén fago cidade". O obxectivo é fomentar unha tenencia responsable dos animais domésticos, sobre todo no que ten que ver coa recollida dos excrementos dos cans nos espazos públicos da cidade.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
A música de Jamila Purofilin chega aos centros socioculturais da man do Concello e da SGAE
A artista cubana afincada en Santiago Jamila Purofilin ofrecerá catro concertos noutros tantos centros socioculturais, grazas á colaboración entre o Concello de Santiago e a Fundación SGAE. O ciclo de actuacións foi presentado hoxe en rolda de prensa pola concelleira responsable dos Centros Socioculturais, Concha Fernández, e pola coordinadora de socios da SGAE, Belén Yáñez.
MOCIDADE
"Elas tamén pintan" quere visibilizar as mulleres que traballan na arte urbana
A concelleira de Deporte, Mocidade e Benestar Animal, Noa Morales, presentou esta mañá a iniciativa Elas tamén pintan, xurdida do proceso de Orzamentos Participativos do 2017. Na rolda estivo acompañada das catro mozas responsables da iniciativa: Clara Rodríguez, Diana Rodeiro "Nana", Lara Torres e Eva Agra.
ALCALDÍA
TerraZeando leva de novo a música ao vivo a lugares singulares da cidade
O Concello de Santiago volve colaborar este ano co TerraZeando, un ciclo organizado polo colectivo Desconcierto Cultural que pretende aproveitar lugares especiais de Compostela como escenarios para a música en directo. O alcalde, Martiño Noriega, e o secretario da asociación, Álvaro Álvarez, presentaron este xoves o programa desta sexta edición, que se celebrará do 29 de xuño ao 27 de xullo.
CONSORCIO
O Consorcio de Santiago renovará parte das carpinterías do convento de Belvís, moi afectadas pola humidade
O Consorcio de Santiago saca a concurso as obras de renovación de parte das carpinterías do convento de Belvís, por un importe global de 18.718,70 euros. Trátase das carpinterías da planta superior do lado norte do claustro, as do patio da ala oeste do claustro e as dunha fachada sur na zona de labor. As empresas interesadas teñen de prazo ata o 19 de xuño para presentar as súas propostas.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Publicadas as listaxes de admitidos/as e excluídos/as do Programa Municipal de Conciliación de Verán
A Concellaría de Educación e Cidadanía vén de facer pública a listaxe de admitidos/as e excluídos/as no Programa Municipal de Conciliación Escolas de Verán 2017. Unha vez sexa adxudicado o servizo pola Xunta de Goberno faranse públicos os prezos públicos a aboar e a conta bancaria de pagamento.
PLENO
A Corporación municipal aproba por unanimidade o novo regulamento do Pleno
A Corporación municipal aprobou esta tarde, por unanimidade, o novo regulamento do Pleno, que ten como obxectivo "facer del un instrumento máis áxil e participativo". Así o explicou a concelleira Marta Lois, encargada de defender a proposta que xa recibira luz verde previamente da Xunta de Goberno.
PLENO
O Concello reclama un xulgado específico para facer fronte ás demandas polas cláusulas solo
O Pleno da Corporación aprobou hoxe unha declaración institucional para instar á Xunta a que solicite ao Goberno do Estado a creación ex novo dun xulgado de reforzo en Santiago co fin de facer fronte ás demandas polas cláusulas solo.
PLENO
O Pleno dá o visto bo á modificación do Consello Municipal de Saúde
A Corporación deu luz verde inicial esta tarde no Pleno á modificación do regulamento do Consello Municipal de Saúde que foi aprobado no ano 2000, no momento da súa constitución inicial.