DEPORTE
O Goberno local inviste 200.000 euros na reforma do pavillón do Colexio Monte dos Postes
A concelleira de Deporte, Noa Morales, presentou esta mañá os detalles da actuación que o Concello acometerá no pavillón do CEIP Monte dos Postes, que a día de hoxe conta con varias deficiencias que afectan á iluminación, á filtración de augas e á reverberación do son, entre outras. Na rolda estivo acompañada de Ramón Blanco, un dos arquitectos responsables do proxecto.
POLÍTICAS SOCIAIS
O Concello asina convenios con sete entidades sociais por valor de 36.500 euros
A concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, asinou esta mañá sete dos convenios que o seu Departamento ten con diversas entidades sociais da cidade. En total estes sete acordos supoñen un total de 36.500 euros, que permitirán levar a cabo diversos proxectos de relevancia social.
IGUALDADE
Minuto de silencio pola última vítima mortal da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu unha concentración para condenar o último asasinato machista, que deixou este martes unha vítima en Las Gavias (Granada).
CONSORCIO
O Consorcio renova a súa colaboración co Programa ConCiencia da USC, ao que destinará 15.000 euros
O Consorcio de Santiago celebrou este mércores a súa Comisión Executiva, presidida polo alcalde da cidade e presidente do organismo interadministrativo, Martiño Noriega. Na xuntanza deuse conta da renovación do convenio de colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela para o desenvolvemento do Programa ConCiencia 2017, ao que destinará 15.000 euros.
ALCALDÍA
Unha panadería, unha libraría e un ultramarinos, protagonistas das imaxes gañadoras do #Fotolingua
O alcalde, Martiño Noriega, visitou este mércores os tres establecementos protagonistas das imaxes premiadas na segunda edición de #Fotolingua, un concurso que ten como obxectivo darlle visibilidade aos comercios que fan uso do galego. Desta vez, nas fotografías gañadoras aparecen a Panadería O Cornecho, a Libraría Chan de Pólvora e o Ultramarinos Algalia.
ALCALDÍA
A Corporación declara o valor da lingua de signos como "garante da equidade, da inclusión e de liberdade"
O alcalde de Santiago presidiu unha recepción en Raxoi á Asociación de Persoas Xordas de Santiago, con motivo da celebración do Día Nacional da Lingua de Signos Española. No marco deste acto, Martiño Noriega leu unha declaración institucional, subscrita polos catro grupos municipais, na que se afirma "o valor da lingua de signos na educación, como garante da equidade, da inclusión e de liberdade".
CONSORCIO
Alumnado da Escola de Altos Estudos Musicais ofrece este xoves un novo concerto no Paraninfo da USC
A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM) ten en marcha a iniciativa A Escola na Cidade, un ciclo de concertos de música de cámara interpretados polos alumnos e alumnas do Curso Avanzado de Especialización Orquestral do centro. As entradas destas actuacións son gratuítas ata completar aforo.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
"La huerta de Simón", da arxentina Rocío Soledad Alejandro, gaña o X Premio Internacional "Compostela" de Álbums Ilustrados
A X edición do Premio Internacional "Compostela" de Álbums Ilustrados xa ten gañadora, tal como anunciou o xurado tras a súa última reunión este mércores. Trátase da arxentina Rocío Soledad Alejandro, pola súa obra La huerta de Simón.
CONVIVENCIA
Baixa lixeiramente o número de positivos na campaña de control de alcohol e drogas da Policía Local
A Policía Local de Compostela vén de colaborar coa Dirección Xeral de Tráfico na campaña de control da taxa de alcoholemia e drogas que se desenvolveu en todo o Estado do 5 ao 11 de xuño. Nestes días, realizáronse máis de mil probas de alcoholemia e delas resultaron positivas o 1,58%, un 0,33% menos que na campaña que se desenvolvera hai un ano.