DEPORTE
A Festa do Deporte contará con máis de 50 entidades e 47 disciplinas deportivas
A concelleira de Deporte, Noa Morales, deu conta este martes dos detalles da I Festa do Deporte, que se celebrará o vindeiro sábado 17 de xuño en varias localizacións de Compostela, entre as que destacan a Alameda, o complexo de Santa Isabel, o parque de Galeras ou a praza Roxa.
POLÍTICAS SOCIAIS
O Mapa Emocional de San Pedro percorre a memoria do barrio a través dos seus veciños e veciñas
A concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, Concha Fernández, presentou este martes o Mapa Emocional de San Pedro, unha iniciativa que navega pola memoria do barrio e que foi posible grazas ao traballo de Unitaria. Na rolda estivo acompañada de Gonzalo Suárez e Coro González, responsables do proxecto.
CONSORCIO
Alumnado da Escola de Altos Estudos Musicais ofrece este mércores un concerto no Paraninfo da Universidade
A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM) ten en marcha a iniciativa A Escola na Cidade, un ciclo de concertos de música de cámara interpretado polo alumnado do Curso Avanzado de Especialización Orquestral do centro. As entradas destas actuacións son gratuítas ata completar aforo.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Exposición pública da listaxe definitiva de admitidos/as na Escola Municipal de Música para o curso 2017-2018
Finalizado o período de reclamacións ás listas provisionais de admitidos, a Concellaría de Educación e Cidadanía procede á publicación da listaxe definitiva de admitidos/as na Escola Municipal de Música de Santiago para o vindeiro curso 2017-2018. Iníciase así o proceso de matrícula, de acordo cos prazos e o procedemento aprobado pola Xunta de Goberno Local do 17 de marzo.
DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO
Marta Lois participou na clausura da II edición do programa Mentoring da USC
A concelleira de Igualdade, Densenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, participou este martes na clausura do programa Mentoring da Universidade de Santiago, unha iniciativa que busca reducir a incerteza do alumnado que rematou ou está a piques de rematar a súa etapa universitaria e carece de referencias para orientar axeitadamente o seu perfil ao mercado laboral. Nesta ocasión participaron 141 mentores, e foron 91 os mentorizados que completaron o proceso con éxito.