IGUALDADE E FACENDA
O catálogo "Igualdade Ilustrada" recolle 28 retratos de mulleres referentes nas artes, ciencias, letras e música
A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, presentou esta mañá os catálogos Igualdade Ilustrada, que o Concello editou en colaboración con Promove, o IES de Sar e o CIPF Compostela. No acto, que tivo lugar no Salón Vermello do Concello, estivo acompañada por Carmela Romay, coordinadora da selección de retratos e portada do IES de Sar; Anxo Jamardo, coordinador do traballo de edición do CIPF Compostela, e Luz Fandiño, en representación das mulleres retratadas.
ALCALDÍA
O pallaso Iván Prado chega en peregrinación a Santiago para pedir a liberdade do artista palestino Abu Sakha
O pallaso Iván Prado culminou este mediodía a peregrinación que iniciou o pasado 29 de maio en Xixón para reclamar a liberdade de Abu Sakha, un artista palestino que o Estado de Israel mantén encarcerado sen cargos dende hai 18 meses. Prado foi recibido na praza do Obradoiro polo alcalde, Martiño Noriega, que despois presidiu unha recepción oficial no Salón Nobre do Pazo de Raxoi na que participaron concelleiros dos catro grupos municipais.
ALCALDÍA
Santiago de Compostela, sede do primeiro encontro internacional de coprodución de ficción televisiva
Santiago vai ser a sede, do 20 ao 23 de xuño, do Conecta Fiction, o primeiro encontro dedicado á coprodución de ficción televisiva entre Europa, Latinoamérca e Estados Unidos. O foro vai reunir a representantes de máis de 35 canles de televisión de referencia internacional. O alcalde e presidente do Consorcio, Martiño Noriega, participou este mediodía na presentación do encontro e mostrou a súa satisfacción porque "Compostela vaia servir de lugar de encontro para os profesionais dun sector que...