EDUCACIÓN
Presentada ao profesorado a XVII Campaña Municipal de Animación á lectura
A galería Sargadelos acolleu na tarde de onte a tradicional presentación da campaña de animación á lectura ao profesorado dos centros de educación infantil e primaria. No encontro participaron 170 profesores e profesoras dos diferentes niveis educativos, o que dá a medida do importante recurso que representa esta iniciativa que ano tras ano capta o seu interese.
TURISMO
Marta Lois asiste á inauguración das xornadas sobre o mercado alemán organizadas pola Cámara de Comercio
A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, acudiu esta mañá á inauguración dunhas xornadas sobre as potencialidades do mercado alemán que organizou a Cámara de Comercio co gallo da chegada de Lufthansa a Compostela.
CONSORCIO
O alcalde avoga por "rehabitar a cidade histórica" na apertura do VI Encontro Ibérico de Xestores do Patrimonio Mundial
Martiño Noriega inaugurou o congreso que se celebrará ata o venres no Museo das Peregrinacións e de Santiago e que está organizado pola Secretaría de Estado de Cultura, en colaboración co Consorcio, o Concello e a Xunta.
MEDIO AMBIENTE
Máis dun milleiro de escolares visitarán o Centro de Interpretación de Parques e Xardíns ata xuño
O alcalde, Martiño Noriega, e o concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, visitaron esta mañá o Centro de Interpretación de Parques e Xardíns que está a ser reactivado desde o Concello, en colaboración con Ferrovial e coa Universidade de Santiago.
COMERCIO
O vindeiro 3 de abril remata o prazo para apuntarse ao programa "Con B de Barrio"
A concellería de Desenvolvemento Económico convoca a segunda edición deste programa de dinamización comercial dirixido a establecementos de Compostela. O prazo para anotarse remata o vindeiro luns 3 de marzo. Hai un total de 15 prazas.
BENESTAR ANIMAL
O Refuxio de Animais pecha 2016 cun balance positivo, tanto no económico como no número de adopcións
A concelleira de Benestar Animal deu conta hoxe dos asuntos abordados na última reunión do Padroado da Fundación de Refuxio de Animais de Bando. Noa Morales explicou que na xuntanza se presentaron os balances de 2016, "un ano moi positivo tanto no relativo aos resultados económicos como no que ten que ver coa adopción de animais".