EDUCACIÓN E URBANISMO
O remate das obras exteriores da ludoteca de Fontiñas permitirá ao fin contratar a súa xestión e abrir este equipamento
As concelleiras de Urbanismo, María Pardo, e de Educación, María Castelao, visitaron a ludoteca de Fontiñas, co obxecto de avaliar as obras de acondicionamento exterior realizadas. Esta actuación supuxo un investimento de 23.000 euros.
ALCALDÍA
Concello de Santiago e CESGA colaborarán en prol dunha cidade intelixente e da modernización dos servizos públicos
O alcalde compostelán, Ángel Currás, realizou unha visita institucional ás instalacións da Fundación Pública Galega Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia (CESGA). Acompañaron ao rexedor municipal nesta visita o presidente do CESGA e director da Axencia Galega de Innovación, Manuel Varela Rey, e o director xerente da Fundación, Javier García Tobío.
CULTURA
A RFG, León Benavente, Andrea Motis, Quique González e a Banda Municipal, propostas musicais da semana
Esta semana ofrece cinco propostas musicais na programación cultural do Concello. Como é habitual cada semana, haberá concerto de abono da Real Filharmonía de Galicia o xoves no Auditorio e da Banda Municipal de Música o domingo no Teatro Principal. A elas únense outras tres propostas musicais: o xoves 6, León Benavente estarán na Zona C dentro do Compostela Rock, ciclo que tamén ofrece un concerto con Quique González o sábado 8 na Sala Capitol. E da man de Sons’14 Jazz chegan Andrea Motis & Joan Chamorro Group o...
CONSORCIO
A prestixiosa violinista Carolin Widmann dará clases a novos músicos galegos
A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM) conta cun programa de formación permanente dirixido a novos intérpretes. No marco deste programa, ofrécese a posibilidade de asistir ao longo do ano a unha serie de clases maxistrais que imparten solistas de prestixio internacional. A vindeira semana, a recoñecida violinista alemá Carolin Widmann transmitirá os seus coñecementos sobre este instrumento de corda a todos os músicos galegos interesados, que poderán participar nas súas clases en calidade de oíntes.
DEPORTES
Sorteo para a Campaña de Esquí 2014
O Concello e Santiago dispón de 37 prazas para participar na Campaña de Esquí que a Deputación da Coruña organiza na estación invernal de San Isidro (León), na quenda do 21 ao 23 de marzo de 2014.