FESTAS
Continúa aberto o prazo de inscrición no desfile-concurso do martes de Antroido
Ata o 3 de marzo estará aberto o prazo para inscribirse e participar no desfile-concurso do Antroido 2014, que terá lugar o martes 4 de marzo. Repartiranse 12.220 euros en premios.
PROGRAMA DIDÁCTICO
A Banda Municipal e Odaiko Percussion Group realizaron un percorrido didáctico polos ritmos da xeografía española
A Banda Municipal de Santiago, en colaboración co grupo de percusión Odaiko, realizou catro concertos didácticos para escolares baixo o título Vaia banda!.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
"Vive o Antroido" programa máis de 150 actividades nos centros socioculturais
Xa está en marcha unha nova edición de Vive o Antroido, con máis de 150 actividades programadas nos centros socioculturais ata os primeiros días de marzo. O obxectivo deste calendario de accións é divulgar as tradicións e por en valor a celebración do Antroido, así como facer visible a riqueza e variedade desta festa nos barrios e parroquias de Santiago.
TURISMO
Retro Galicia 2014 incorpora un motorshow con vehículos lendarios
Tras o éxito da última edición, con preto de 100 expositores e 20.000 visitantes, Santiago prepárase para acoller unha vez máis aos afeccionados ao motor de Galicia e norte de Portugal os días 14, 15 e 16 de febreiro en Retro Galicia 2014, IV Salón do Vehículo Clásico e de Época. A Concellería de Economía, Comercio, Turismo e Mercados colabora con este certame, organizado pola empresa Eventos del Motor.
CONSORCIO
Restauradas as pinturas murais do século XVI aparecidas na igrexa de Figueiras
O alcalde compostelán e presidente do Consorcio de Santiago, Ángel Currás, e a xerente do Consorcio, María Antón, visitaron a igrexa de Santa María de Figueiras. Comprobaron o resultado da restauración das pinturas murais que saíron á luz no templo. A Oficina Técnica do Consorcio promoveu a súa recuperación e conservación. O seu estado era moi malo, debido á acción da humidade e, sobre todo, á repercusión de obras anteriores nos muros do edificio. Sobre a superficie...
TURISMO
Santiago promociónase por primeira vez na principal feira turística de Israel
Turismo de Santiago participa por primeira vez na International Mediterranean Tourism Market, principal feira turística de Israel, que se celebra os días 11 e 12 de febreiro en Tel Aviv, principal centro económico do país.
CULTURA
Presentación do proxecto audiovisual e literario CoraSons dentro do ciclo Sons’14
O ciclo Sons'14 acolle o concerto de presentación de CoraSons, un proxecto audiovisual e literario da editorial Kalandraka. Unha numerosa selección dos artistas involucrados en CoraSons participará neste especial concerto que se celebrará este mércores, 12 de febreiro, no Teatro Principal. En concreto, confirmaron a súa presenza neste primeiro concerto: Xoán Curiel, Najla Shami, Uxía, Aline Frazäo, Sergio Tannus, Carlos Blanco, Isabel Leal, Rui David, Budiño, Luanda Cozetti, João Afonso, Norton Daniello e...
NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
Alumnado dos concellos de Santiago, Ames, Carballo e Teo participou na xornada de formación do Club de Debate
Os inscritos/as no Club de Debate asistiron a un curso preparatorio que serviu de punto de partida para a fase clasificatoria, que se celebrará no concello de Teo no mes de marzo. Esta actividade formativa serviu para darlle ferramentas ao alumnado e ao profesorado para mellorar as técnicas de debate.