CULTURA
"Violeta en Compostela", conto musical coas alumnas do Conservatorio Profesional
As alumnas de viola do Conservatorio Profesional de Música de Santiago interpretan Violeta en Compostela, un conto musical dirixido por Lorenzo de los Santos e Itsaso Bermejo. Tras actuar en forma de concerto didáctico dirixido a centros educativos, o sábado 2 ofrecen unha nova función, esta vez aberta ao público, dentro do programa Infantil & Familiar. A actividade está recomendada para nenos e nenas a partir dos 5 anos e a entrada será de balde previa retirada dos convites na billeteira do Auditorio de Galicia, que abre ás...
CULTURA
Outros sete concertos no ciclo Novas Orquestras para o primeiro semestre do ano
O director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, presentou a programación de xaneiro a xuño do ciclo Novas Orquestras, no que haberá sete concertos de diversas orquestras galegas conformadas por mozos e mozas. Estiveron acompañando ao xerente representantes de todas as orquestras que participarán: Fernando Briones, director da Orquestra Gaos; Alejandro Sanz, director académico da Orquestra Nova da Sinfónica de Galicia; Rafael Yebra, vicedirector do Conservatorio Superior de Música de Vigo e Enrique Meyer, xefe...
PARTICIPACIÓN CIDADÁ E CENTROS SOCIOCULTURAIS
Comeza na Casa das Asociacións unha nova edición do programa "Imos ao baile"
O programa Imos ao baile, da Concellería de Participación Cidadá e Centros Socioculturais iniciase na súa edición de 2013 cun concerto do grupo Solymar na Casa das Asociacións. Será este sábado, 2 de febreiro, ás 17:30 horas, con entrada de balde ata completar aforo.
EMPREGO
Os obradoiros Santiago Impulsa permiten empregar a 37 persoas durante seis meses
A concelleira María Castelao explicou en rolda de prensa a modificación orzamentaria, aprobada no último Pleno municipal, que permitirá ao Concello realizar a súa contribución económica aos dous obradoiros Santiago Impulsa. Trátase dun taller de carpintería e doutro de deseño de páxinas web dos que se benefician 37 persoas en total.
ALCALDÍA
O Grupo de Cidades Patrimonio aproba un orzamento de 1,3 millóns de euros para 2013
O alcalde compostelán, Ángel Currás, asistiu en Alcalá de Henares á Comisión Executiva do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España. Logo, desprazouse a Madrid para participar en FITUR na sinatura de tres convenios do Grupo con RENFE, Turespaña e Paradores.
FACENDA
A Carpeta Cidadá suma novos trámites de pagamento en liña e de descarga de certificados tributarios
O Concello de Santiago continúa traballando na modernización dos procedementos de atención ao cidadán. Por iso, a Carpeta Cidadá da web municipal está incorporando as ferramentas necesarias para que en breve se poida realizar unha xestión integral da atención ao contribuínte. Nesta dirección, a Carpeta vén de sumar novos trámites, con máis posibilidades de autoliquidacións e a descarga de diversos certificados tributarios.
ALCALDÍA
O Grupo de Cidades Patrimonio subscribe en FITUR plans de actuación conxunta con Turespaña, Paradores e RENFE
O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España asinou , no marco da Feira Internacional de Turismo (FITUR 2013), diferentes acordos de colaboración cos seus principais partners: Turespaña, RENFE e Paradores de Turismo para a promoción e desenvolvemento dos produtos turísticos das trece cidades Patrimonio da Humanidade de España. O alcalde compostelán, Ángel Currás, asistiu a estas tres sinaturas, nas que a representación do Grupo correu a cargo do seu actual presidente e alcalde de Segovia, Pedro Arahuetes.