EMPREGO
A II Feira Internacional de Emprego adiántase ao verán co obxectivo de facilitar a selección para uns 400 postos de traballo
Entre os días 19 e 20 de xullo, o Pavillón Multiusos Fontes do Sar volverá acoller a celebración de selección de candidatos e o programa de actividades paralelas da Feira Internacional de Emprego (FIE). Nestes intres estanse a manter dos contactos coas diversas empresas locais, galegas, españolas e internacionais co fin de ofrecer uns 400 postos de traballo.
CULTURA
O Concello ofrece visitas comentadas a "Políptico" de Enrique Lista, nova intervención na Zona "C"
Dende o 23 de maio pódese ver na Zona "C" Políptico. Un comentario sobre a posta en valor do patrimonio, un novo proxecto do artista Enrique Lista comisariado por María Marco. Agora, dende o Departamento de Cultura póñense en marcha catro visitas guiadas para poder coñecer máis en profundidade a intervención.
TURISMO
A aplicación para móbiles de Turismo de Santiago supera as 7.000 descargas
A aplicación para dispositivos móbiles de Turismo de Santiago superou esta semana as 7.000 descargas dende a súa presentación, o 21 de decembro de 2011. Isto significa que tivo unha media de descargas superior ás 1.000 ao mes. En concreto, ata o seis de xuño houbo 7.133 descargas, 5.154 da versión para Apple e 1.979 da versión de Android.
ECONOMÍA
Inscritas xa cen empresas na Xornada de Cooperación Empresarial Getting Contacts!
Cen empresas xa se inscribiron para participar na primeira Xornada de Cooperación Empresarial Getting Contacts! de Santiago de Compostela, dentro do programa Santiago Investors Support da Concellería de Economía, que se celebrará o 19 de xuño.
BENESTAR SOCIAL
Xornada en Amio en prol da integración social das persoas con discapacidade
O recinto feiral de Amio acolle este sábado, 9 de xuño, unha xornada en prol da normalización da discapacidade, organizada polo Equipo de Dinamización Urbana Santiago Norte, da Concellería de Familia, Benestar Social, Muller e Emprego.
ALCALDÍA
Encontro en Santiago de xefes e mandos da policía local de varias cidades galegas
O alcalde compostelán, Ángel Currás, xunto cos concelleiros de Seguridade Cidadá, Albino Vázquez, e de Relacións Institucionais, Francisco Noya, saudou os xefes e mandos da policía local de varias cidades de Galicia da novena promoción de mandos da Academia Galega de Seguridade.
DEPORTES
Salgueiriños acollerá o circuíto urbano da Xira Galega de Karting do 15 ao 19 de xuño
A Xira Galega de Karting chega de novo a Compostela para ofrecer a posibilidade de pilotar un kart a través dun circuíto urbano preparado especialmente para a ocasión no aparcadoiro de Salgueiriños. O Concello de Santiago facilitará que uns 500 escolares poidan subirse a estes pequenos vehículos de forma gratuíta.
ALCALDÍA
O Consorcio avanza nos traballos para abrir o Museo das Peregrinacións e de Santiago
O alcalde compostelán e presidente do Consorcio, Ángel Currás, reuniuse en Raxoi coa xerente do organismo interadministrativo, María Antón.
RÉXIME INTERIOR, EDUCACIÓN E PARTICIPACIÓN CIDADÁ
Catrocentos escolares coñeceron de preto o Concello na Xornada de Portas Abertas
O Concello celebrou unha nova Xornada de Portas Abertas. Ao longo da xornada, máis de 400 escolares pasaron por Raxoi para coñecer de preto a Administración Municipal.