ALCALDÍA
O alcalde expresa ante os traballadores municipais o seu desexo de que en 2013 se albisque un "horizonte de esperanza"
Celebrouse no salón vermello de Raxoi a tradicional recepción de Nadal aos traballadores municipais, presidida polo alcalde compostelán. Tanto Ángel Currás como a concelleira de Persoal, Amelia González, expresaron o seu desexo de que, tamén para os funcionarios públicos, o 2013 sexa menos dificultoso que o 2012 e que no novo ano se albisque un "horizonte de esperanza" fronte á crise económica.
XUVENTUDE
Os sete finalistas de MúsicaXove 2012, en directo no concerto final do certame
O MúsicaXove’12, certame organizado pola Concellaría de Xuventude, chega ao seu concerto final. O xoves 20 de decembro, a partir das 21:00 horas, na Sala Capitol, os sete finalistas tocarán obrigatoriamente en directo os dous temas presentados na maqueta e dous temas a maiores de elección libre.
CULTURA
Quince novas propostas no ciclo Compostela Rock para o ano 2013
O director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, presentou a programación do Compostela Rock para o ano 2013. Son 15 propostas musicais en diferentes lugares da cidade as que se presentaron agora e que irán aumentando ao longo do ano con novos concertos. Inaugúrase a programación do Compostela Rock 2013 con El columpio asesino, unha das bandas de moda do panorama indie español, que chega dende Pamplona á Sala Capitol o 10 de xaneiro para pechar a xira de presentación do seu disco Diamantes.