ECONOMÍA
ADNteen fomentará o espírito emprendedor entre os mozos de 12 a 14 anos
A concelleira de Economía, Reyes Leis, e a presidenta de ADNideas, María Bobillo, presentaron ADNteen, un programa de fomento da cultura emprendedora entre os estudantes do Ensino Secundario, de 12, 13 e 14 anos. Trátase dun programa pioneiro en Galicia, organizado por ADNideas e coa colaboración do Concello a través do programa municipal Santiago Investors Support. Celebrarase os días 26, 27 e 28 de decembro no edificio Cersia.
DEPORTES
Xornadas no Restollal para promover a práctica da ximnasia rítmica
O concelleiro de Deportes, Adrián Varela, presentou o I Campus de Nadal Rítmica Compostela, que se celebrará durante as mañás dos días 26, 27 e 28 de decembro no pavillón do Restollal. Estas xornadas, organizadas polo Club Deportivo Ximnasia Rítmica Compostela, pretenden promover a práctica deste deporte na cidade.
ALCALDÍA
Agradecemento municipal aos traballadores xubilados en 2012 polo seu labor de tantos anos en prol da cidade
Como cada ano por estas datas, os traballadores municipais xubilados durante o exercicio foron recibidos polo alcalde, Ángel Currás. No acto entregóuselles unha placa en recoñecemento polo seu labor durante tantos anos no Concello de Santiago.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Uns 800 composteláns participaron na rodaxe do lip dub de Nadal
Conta atrás para a estrea do lip dub do Nadal dos centros socioculturais, unha vez rematada a súa rodaxe. Nesta novidosa proposta, incluída no programa Vive o Nadal 2012, participaron activamente aproximadamente 800 veciños e veciñas de Santiago, entre eles o propio concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya.
ALCALDÍA
O alcalde compostelán recibe unha distinción da Casa de Galicia en Madrid
O alcalde compostelán, Ángel Currás, recibe esta tarde en Madrid un diploma outorgado pola Casa de Galicia. Será no transcurso do acto de clausura das actividades do ano desta delegación da Xunta.
EDUCACIÓN
Aberto un novo prazo de admisión de solicitudes para o programa de conciliación de Nadal da Concellería de Educación
A Concellería de Educación informa que, á vista de que aínda quedan prazas para alcanzar o mínimo de inscritos para o CEIP Ramón Cabanillas no programa de conciliación familiar e laboral para este Nadal, ábrese un novo prazo de admisión de solicitudes ata cubrir as prazas. A formalización da matrícula para os nenos e nenas admitidos realizarase entre o 18 e o 21 de decembro.
FESTAS
Compostela xa loce o seu alumeado de Nadal
Tal como anunciara o concelleiro de Festas, Francisco Noya, o acendido do alumeado de Nadal adiantouse tres días respecto do día inicialmente previsto, o 21 de decembro. Este ano, a iluminación navideña chega a máis rúas e prazas, e tamén ás parroquias do rural.