XUNTA DE GOBERNO
A reposición de cableado roubado no verán supuxo un gasto de case 62.000 euros
O gasto pola reposición de cableado de cobre roubado nos meses de xuño, xullo e agosto supuxo un gasto de 61.935 euros, segundo indicou a voceira da Xunta de Goberno Local, Paula Prado, á vista das sete facturas remitidas por este concepto pola empresa concesionaria do mantemento do sistema de alumeado.
CONSORCIO
A exposición "Compostella dicitur" recrea o Santiago do século XIII
Compostella dicitur. A cidade da Catedral é o nome da exposición que servirá para inaugurar o uso público da Casa do Cabido, un dos mellores edificios barrocos de Santiago. A exposición, relacionada co oitavo centenario da consagración da Catedral de Santiago, está ideada coma unha viaxe ao ano 1211, ano da consagración da basílica xacobea. A orixe do nome procede da bula do Papa Urbano II, de 1095, na que se decreta o traslado da sede episcopal dende Iria Flavia ata a cidade "chamada Compostela"...