MOBILIDADE
Ponse en marcha a área de acollida de autocaravanas en Salgueiriños
O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, e o concelleiro de Mobilidade e Tráfico, Albino Vázquez, visitaron a nova área de servizo e punto limpo para autocaravanas do aparcadoiro de borde de Salgueiriños. Neste espazo, ademais de aparcar o vehículo, os usuarios poden abastecerse de auga e eliminar as augas residuais.
EDUCACIÓN
Máis de 1.400 escolares descobren a Compostela do século XIII
O concelleiro de Educación, Ángel Currás, acompañou a un grupo de escolares dos colexios Nosa Señora dos Remedios e Milagrosa na súa visita á exposición Compostella dicitur. A cidade da Catedral. Santiago en 1211, que se exhibe na renovada Casa do Cabildo. Uns 400 alumnos de Santiago e comarca xa participaron nas visitas guiadas e outros 1.000 xa teñen a súa reserva confirmada. As visitas do público en xeral xa alcanzan as 3.000 persoas.
ALCALDÍA
Santiago de Compostela e Querétaro estreitan os seus lazos de cooperación
O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, e as concelleiras de Turismo, Reyes Leis, e de Urbanismo, María Pardo, recibiron en Raxoi un grupo de representantes da Secretaría de Turismo de México e de Turismo do Estado de Querétaro.
CULTURA
Vinte e un espectáculos na programación de teatro e danza da Concellaría de Cultura
O concelleiro de Cultura, Ángel Currás, e o director xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, presentaron a programación completa de teatro e danza da Concellaría ata o mes de xuño. En total serán 65 citas con 21 espectáculos diferentes que aglutinan unha variada mostra do teatro e da danza galegos, así como o chegado dende diferentes puntos da xeografía española.
ALCALDÍA
A APSC outorga o título de socios de honra a Baldomero Cores e Xesús Garabal
O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, presidiu o acto de entrega dos títulos de socios de honra da Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela (APSC) a Baldomero Cores e a Xesús Garabal.
URBANISMO
Emuvissa recibe da Xunta preto de 1,3 millóns de euros das subvencións por urbanización en Lamas de Abade e A Muíña
O Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) realizou unha transferencia á Empresa Municipal de Vivenda e Solo de Santiago de Compostela (Emuvissa), por importe de preto de 1,3 millóns de euros, correspondentes a subvencións por urbanización de solo con destino a vivenda protexida.