EDUCACIÓN
Nadalxogo ofrece un espazo de conciliación e lecer a 300 escolares composteláns
Dende o 23 de decembro estase a desenvolver unha nova edición de Nadalxogo, que desta vez se celebra en tres centros educativos da cidade. As actividades continúan do 27 ao 30 de decembro e do 2 ao 4 de xaneiro.
ORZAMENTOS
Os orzamentos 2012 situaranse entre os 85 e os 90 millóns de euros e terán teito de gasto
A concelleira de Facenda e Orzamentos, Cecilia Sierra, anunciou que os orzamentos municipais para 2012 aprobaranse previsiblemente a finais de xaneiro ou principios de febreiro, e non antes do 31 de decembro, como se estimaba inicialmente. Indicou que esta situación é unha "excepcionalidade", que obedece a un principio de "prudencia" á espera de ter máis datos sobre as medidas económicas e os ingresos do Estado.
TRÁFICO
Sete mil quilos de sal para afrontar as xeadas
Como consecuencia das baixas temperaturas e das xeadas, o Concello puxo en marcha o plan contra xeadas e nevadas. Malia que polo momento non se ten aparecido moito xeo, xa se ten vertido sal nalgunha rúa e beirarrúa, segundo explicou o concelleiro de Tráfico, Albino Vázquez.