ALCALDÍA
O alcalde destaca o "esforzo especial" realizado na renovación do firme de rúas e beirarrúas, con 3,6 millóns de euros
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, xunto co concelleiro de Obras e Infraestruturas, Bernardino Rama, visitou algunhas das obras en marcha na cidade. A visita comezou na rúa Xasmíns, unha das vías nas que se repuxo o asfalto polo seu deterioro. Entre as rúas tamén asfaltadas figuran tamén Xoán XXIII, Hórreo e Restollal. Outro grupo de obras en marcha son as do Fondo Estatal para o Emprego e a Sostibilidade Local (FEESL 2010). Unha destas actuacións é a do Local das Avoas e Centro...
CULTURA
Música brasileira, hip-hop e teatro no último venres do Festival dos Abrazos
Na xornada do venres 27 do Festival dos Abrazos, o público terá a oportunidade de elixir entre a música vangardista brasileira da Banda Afrofunk, o teatro de Treceacero ou o hip-hop de O2ZEN.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Preto de 40 empresas participarán no Macc 2010 a través da Rede de Entidades para o Desenvolvemento Local
Un total de 37 empresas convocadas a través de REDEL, a Rede de Entidades para o Desenvolvemento Local, da que a Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo é socia fundadora, participará no Macc 2010. O Mercado Atlántico de Creación Contemporánea, que se celebrará entre o 10 e o 12 de setembro en Santiago de Compostela, é un encontro profesional multidisciplinar que ten como obxectivo a difusión e o intercambio de ideas entre creadores, artistas, produtores, xestores da cultura,...