CIDADE HISTÓRICA
Informe municipal sobre a Reforma Integral do Edificio de Correos
En relación coa licenza de obras para a Reforma Integral do Edificio de Correos, o Concello de Santiago quere puntualizar:
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno autoriza máis de 200 cacharelas e sardiñadas
A celebración do San Xoán estivo presente na orde do día da Xunta de Goberno, coa autorización de 227 cacharelas e sardiñadas. Desenvolveranse maioritariamente na noite do 23 de xuño, aínda que tamén hai organizadas sardiñadas noutras datas do mes.
COMERCIO
Aberto o prazo de inscrición na edición de verán de Escaparatismo
A Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo abriu o prazo de inscrición na edición de verán do VI Concurso Municipal de Escaparatismo SCQ Shopping 2009, que finaliza o 29 de xuño. O departamento comezou a entregar as bases do certame aos aproximadamente 2.500 estabelecementos comerciais que existen en Santiago. O obxectivo do concurso, dirixido a todos os comercios da cidade, é contribuir á dinamización e mellora dos estabelecementos en activo, incentivando a súa capacidade creativa e a...
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Promoción Económica impartirá 13 cursos por teleformación a través da súa páxina web
O concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, anunciou a apertura do prazo para inscribirse en 13 novos cursos do Plan de Formación 2009, a través dos que se poderán formar 195 persoas. Impartiranse a través da modalidade de teleformación, concretamente a través dunha Plataforma de formación on-line que se subirá en breve á páxina web da Concellaría: www.maiscompostela.org.
ALCALDÍA
Compostela e Ávila, 22 anos unidas polo ciclismo
Un ano máis, e xa son 22, chegaron á cidade os integrantes da Peña Ciclista Amigos de Santiago. A delegación de 18 ciclistas foi recibida en Raxoi pola concelleira de Participación Cidadá, Guadalupe Rodríguez.
MEDIO AMBIENTE
Santiago dará a benvida ao solsticio de verán coa segunda edición da Feira do Sol
A concelleira do Medio Ambiente e Desenvolvemento Sustentábel, Elvira Cienfuegos, presentou a segunda edición da Feira do Sol, unha festa de benvida ao solsticio de verán, que se celebrará o sábado 20 de xuño no paseo central da Alameda, dende as 11:30 ás 20:00 horas.
ALCALDÍA
Compostela irmándase coa cidade italiana de Pisa
O concelleiro de Relacións Institucionais, Andrés Fariña, firmou o acordo de irmandamento coa cidade italiana de Pisa. O acto tivo lugar na Abadía di San Zeno dentro dunha cerimonia múltiple na que a cidade italiana se irmandou ademais con outras tres cidades: a dinamarquesa de Kolding, a chinesa de Hangzhou e a grega de Rhodas.