DEPORTES
O deporte compostelán celebra o fin de campaña con actividades de balde para todos
Varias instalacións deportivas da cidade acollerán o sábado 13 de xuño unha nova edición do Día do Deporte. Este evento pon fin aos diferentes programas e campañas que se viñeron desenvolvendo no curso 2008-2009.
EDUCACIÓN
Santiago contará coa súa quinta escola infantil a primeiros de 2010
O Concello de Santiago segue a ter como unha das súas prioridades no ámbito educativo o incremento de prazas para nenos de 0 a 3 anos. Con tres escolas infantís xa funcionando, a do polígono do Tambre abrirá as súas portas no curso 2009-2010. A quinta escola estará detrás do Parlamento de Galicia e estará lista a primeiros de 2010.
XUVENTUDE
A Concellaría de Xuventude e a Escola Don Bosco fomentarán un servizo de voluntariado no Xacobeo 2010
O concelleiro de Xuventude, Xosé Baqueiro, e o director da Escola de Tempo Libre e Animación Sociocultural Don Bosco, Francisco Rodríguez, asinaron a renovación dun convenio de colaboración para traballar conxuntamente en materia de promoción do programa europeo Xuventude en Acción.
RELACIÓNS INSTITUCIONAIS
As Cidades Patrimonio medirán os seus parámetros medioambientais
Alcalá de Henares acolleu a Asemblea Ordinaria do Grupo Cidades Patrimonio da Humanidade. Entre outros asuntos, acordouse que unha empresa medirá os principais parámetros medioambientais das cidades.