XUNTA DE GOBERNO
Adxudicadas outras nove obras do Fondo de Investimento Local
A Xunta de Goberno adiantou a súa sesión habitual dos martes ao luns co fin de cumprir os prazos de adxudicación fixados polo Ministerio de Administracións Públicas do Fondo de Investimento Local. Así, foron adxudicadas nove das dez obras que faltaban, relativas ás reurbanización do Ensanche vello e en Xeneral Pardiñas, á mellora nos Camiños de Santiago e á reformas nos centros socioculturais. Estas e as outras 24 obras comezarán durante o mes de maio.
EDUCACIÓN
A concelleira de Educación explica na Habana a experiencia de Compostela como cidade educadora
A concelleira de Educación, Guadalupe Rodríguez, pronunciou na Habana (Cuba) unha conferencia titulada "As cidades Patrimonio da Humanidade como cidades educadoras". Este relatorio inscríbese no do encontro internacional organizado na cidade cubana pola UNESCO e en cuxa organización colabora tamén o Ministerio de Cultura español e o Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España.
ALCALDÍA
Doce composteláns expoñen as súas recomendacións literarias na Biblioteca Pública Anxel Casal
A Biblioteca Pública Ánxel Casal celebra o Día do Libro cun amplo programa de actividades que inclúe a exposición "'60 libros para o día do libro", recomendados por doce santiagueses. O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, é un dos que deixou a súa lista de cinco libros.
COMERCIO
A experiencia de "Marzo, mes do comercio", seleccionada polo II Foro de Comercio Urbano de Málaga
O programa de dinamización comercial, Marzo, mes do comercio, desenvolvido pola Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, formará parte de Ágora, II Foro del Comercio Urbano, que se vai celebrar no Pazo de Feiras e Congresos de Málaga entre o 6 e o 8 de maio.