EDUCACIÓN
A comunidade educativa pide que se cumpran os compromisos de Dakar
O Paraninfo da Facultade de Historia acolleu o acto central da Semana de Acción Mundial pola Educación, que se celebra do 20 ao 26 de abril. Alumnos dos centros composteláns ateigaron o recinto nun evento que serviu para reclamar da comunidade internacional o cumprimento dos obxectivos educativos de Dakar.
XUNTA DE GOBERNO
Listas para o seu comezo outras nove obras do Fondo de Investimento Local
A Xunta de Goberno, en sesión extraordinaria, elevou a definitivas as adxudicacións de nove obras máis das financiadas polo Fondo de Investimento Local. Así, están xa listas para comezar as reurbanizacións das rúas Trinidade, Belvís, Olvido, Pérez Constante, Curros Enríquez, Londres e do tramo das rúas Vilagarcía, García Prieto e Sánchez Freire. Tamén se iniciará a reforma do centro sociocultural de Laraño e a rehabilitación do pavillón polideportivo de Quiroga...
EDUCACIÓN
Os escolares de primaria composteláns deseñarán o logotipo do novo aparcadoiro público da Choupana
A Concellería de Educación colabora coa empresa Metrovacesa, a través da súa filial de aparcadoiros Metropark, na organización dun concurso de pintura para elixir o logotipo do novo aparcadoiro público da Choupana, situado a carón do Hospital Clínico.
ALCALDÍA
O alcalde recibiu ao comisario europeo de Multilingüismo
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu en Raxoi ao comisario europeo de Multilingüismo, Leonard Orban.
CONSORCIO
Unha nova publicación rememora a vida musical da Compostela de finais do XIX
La vida musical en Santiago a finales del siglo XIX é o título do novo libro de María García Caballero, publicado polo Consorcio en colaboración con Alvarellos Editora. A publicación foi presentada polo alcalde compostelán e presidente do Consorcio, Xosé A. Sánchez Bugallo, dentro dos actos de conmemoración do XXX aniversario das corporacións democráticas.
ALCALDÍA
O alcalde explica o desenvolvemento urbanístico de Santiago a alumnos do Curso Superior de Urbanismo da EGAP
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, ofreceu unha charla aos alumnos e alumnas do Curso Superior de Urbanismo organizado pola EGAP sobre a historia do urbanismo na nosa cidade.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Entrega dos premios de relato curto e poesía dos centros socioculturais
Entregáronse no Salón Nobre de Raxoi os premios da do VIII Certame Literario de Relato Curto e VI de Poesía que organiza a Concellería de Centros Socioculturais. O premio de relato curto foi para Estíbaliz Espinosa por Pro Videncia, mentres que o de poesía ficou deserto, cun galardón simbólico, ex-aequo, para Arsenio Iglesias Pazos e Elisa Abal Santórum.