CULTURA
Laura Alonso ofrece un concerto a beneficio da Asociación Española contra o Cancro
Presentouse en rolda de prensa o recital que vai ofrecer a soprano galega Laura Alonso a beneficio da Asociación Española Contra o Cancro (AECC), o luns 27 de abril, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.
MOBILIDADE E INFRAESTRUTURAS
As obras do túnel do Hórreo obrigan a deixar dous carrís no tramo inicial de Romero Donallo durante vinte días
As obras do túnel do Hórreo entran nunha nova fase que obrigará a derrubar a mediana da rúa Romero Donallo e a deixar o primeiro tramo desta con dous carrís por un período aproximado de tres semanas. Esta actuación, destinada a repoñer a rede de colectores da zona, comezará o luns 27.
SEGURIDADE CIDADÁ
Álvarez-Santullano destaca os bos resultados das políticas municipais para minimizar os efectos do botellón e acoutar o problema
A concelleira de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Marta Álvarez-Santullano, defendeu en rolda de prensa as diferentes políticas postas en marcha polo Goberno municipal para "minimizar os seus efectos e ir acoutando o problema". Segundo dixo, "ese é o camiño" para reducir o botellón, algo que se ten constatado ao comparar as cifras coas de hai un ou dous anos.
XUVENTUDE
O hip hop, protagonista da segunda final de "MúsicaXove’09"
A segunda edición do Certame MúsicaXove, organizado pola Concellaría de Xuventude, ten o xoves 23 de abril a súa segunda cita. Esta vez será a final de hip hop, onde se enfrontarán os grupos Tramaturgia, Mito Escrito e Bronquitis Crónica.
COMERCIO
Vinte e catro comercios na edición de Primavera do Concurso de Escaparatismo
Na edición de Primavera do VI Concurso Municipal de Escaparatismo SCQ Shopping 2009, que desenvolve a Concellaría de Promoción Económica e Comercio, inscribíronse 24 comercios de Santiago pertencentes a 14 sectores distintos.
ALCALDÍA
Trinta anos tecendo a cidade que queren os composteláns
O XXX aniversario das corporacións democráticas tivo como acto central unha recepción do alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, a todos os integrantes das corporacións compostelás de 1979 a 2007. Ademais, houbo un recoñecemento expreso aos alcaldes do Concello de Santiago dende 1979: José Antonio Souto Paz (1979-1981), Marcial Castro Guerra (1981-1983), Xerardo Estévez Fernández (1983-1986 e 1987-1998) e Ernesto Viéitez Cortizo (1986-1987).