ALCALDÍA
Seis rúas do Ensanche vello mudarán a súa cara con amplas beirarrúas e novos espazos máis habitables
As rúas Pérez Constanti, Laverde Ruíz, Santiago de Guayaquil, Neira de Mosquera, Curros Enríquez e Gómez Ulla, serán reurbanizadas integralmente grazas ao financiamento do Fondo Estatal de Investimento Local. Esta intervención integral dotará ao Ensanche vello de Compostela de espazos máis habitables, con amplas beirarrúas e novos servizos.
EDUCACIÓN
Poetas e escolares únense para reivindicar educación gratuíta para todos nun Gran Libro aberto ao mundo
O Paraninfo da Facultade de Historia acollerá o xoves 23 de abril o acto central da Semana de Acción Mundial pola Educación, que se celebra do 20 ao 26 de abril. Grazas a estas xornadas, millóns de persoas en todo o mundo mobilízanse para lograr que a alfabetización das persoas novas e adultas sexa unha realidade.
TURISMO
Turismo de Santiago xerou 11.425 pernoctacións grazas á Campaña de Desestacionalización
Turismo de Santiago xerou 11.425 pernoctacións en hoteis da cidade entre novembro do 2008 e marzo do 2009, segundo os datos que fixo públicos o concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Xosé Manuel Iglesias. Estes datos fan desta edición da Campaña de Desestacionalización a de mellores datos das que se teñen levado a cabo. Supoñen un crecemento do 116% respecto das 5.276 da campaña anterior.
CONSORCIO
A vida musical de Santiago a finais do XIX
La vida musical en Santiago a finales del siglo XIX é o título do novo libro de María García Caballero, publicado polo Consorcio en colaboración con Alvarellos Editora. Será presentado o xoves 23, Ás 20:00 horas, no Museo do Pobo Galego.
ALCALDÍA
Os máis novos debateron sobre as súas preocupacións nun pleno especial
Os mozos foron protagonistas da segunda xornada de portas abertas, incluída nos actos de celebración do XXX aniversario das corporacións democráticas. Alumnos do IES Antón Fraguas exerceron de concelleiros nunha sesión plenaria moi especial, chea de naturalidade e de reivindicacións.