DEPORTES
O Concello pon en marcha unha campaña formativa sobre o deporte
Os meses de marzo, abril e maio desenvolveranse a campaña INformación e Deporte. Trátase de tres accións formativas do Concello sobre o mundo da actividade física e o deporte. A inscrición é de balde.
ALCALDÍA
O alcalde agarda que Defensa e AENA fixen de inmediato unha data para o inicio das obras da nova terminal de Lavacolla
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, insistiu de novo que, respecto á nova terminal de Lavacolla, "a prioridade é que se poña a data de ocupación dos terreos e comecen as obras". Así llo transmitiu en sendas conversas á presidenta de AENA, Encarnación Vivancos, e ao secretario de Estado de Defensa, Constantino Méndez.
CULTURA
O Ciclo de Cine Galego do Teatro Principal proxectará 15 filmes contemporáneos feitos en Galicia
Presentouse o Ciclo de Cine Galego que se celebrará no Teatro Principal do 9 ao 13 de marzo. Inclúe a proxección de 15 filmes entre curtas e longametraxes.
MULLER
O Concello homenaxea a oito mulleres que romperon barreiras en novos ámbitos laborais
A ministra de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño, Elena Espinosa, e o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, presidiron o acto de homenaxe a 8 Mulleres que abren Camiños, con motivo da celebración, o 8 de marzo, do Día Internacional da Muller. Recoñeceuse así o labor de oito mulleres que romperon barreiras en ámbitos laborais novos e que dedicaron e/ou dedican a súa vida ao traballo e á innovación.
MULLER
A Banda Municipal de Música ofrece un concerto especial con motivo do Día Internacional da Muller
O domingo 8 de marzo, celébrase o Día Internacional da Muller. Con ese motivo a Banda Municipal de Música preparou un programa especial, en colaboración coa Concellaría de Benestar Social, no que se van interpretar obras realizadas por mulleres ou dedicadas a elas, contando coa presenza da soprano Aida López. Despois do concerto, fallarase o Premio de Investigación Xohana Torres.
EMPREGO
O alumnado do Persoa IV visita as depuradoras da Silvouta e do Tambre e o Punto Limpo do polígono industrial
Unha delegación de 45 persoas, entre alumnado do Proxecto Persoa IV, técnicos do Concello e persoal docente, visitou a Estación de Tratamento de Auga Potable, o Punto Limpo situado no Polígono Industrial do Tambre e a depuradora da Silvouta. O Persoa IV é un programa de inserción laboral que está desenvolvendo a Concellaría de Promoción Económica e Emprego. Este proxecto contempla formar a 120 desempregados/as en dúas quendas de 60 persoas, en especialidades centradas nos servizos e coidados.../em>